Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nocturnos

Concerto de piano

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Prezo:

Con convite

Recollida de convites Casa Museo Emilia Pardo-Bazán

Como instrumento, o piano é estraño: capaz de soar coma un bosque do planeta Terra ou coma un océano alieníxena: pode transformarse en arpa e caixa de tambor, crear reverberacións grazas ao pedal, deixar soar harmónicos (esa parte mergullada do iceberg dunha nota) até que se extingan ou cortalos dun pisotón, soa tan pronto que cálido e doce como violento, estrepitoso. 

Visto como artefacto, como moble, sobrecolle: tan só velo esperta en calquera sapiens as ganas de tocalo, mesmo que non saiba situar unha soa nota. Ocupa recunchos con elegancia introvertida, as súas teclas alíñanse coma sorrisos ou fauces de Cheshire, algo teñen de xadrez, de dominó, de fotografía do século XX. Na imaxe que acompaña o cartaz deste concerto -obra de Xurxo Gómez- Chao- vémoslle os intestinos, ese madeirame máxico, oculto, entre vermellos e dourados que ás veces dexergamos nos maxestuosos pianos de gran cola semiabiertos.

Carlos Marín Rayo (Madrid, 1994) é un consolidado e moi novo intérprete que coñece ben algunhas das pezas deste concerto. Lévanos desde o Pico sacro galego ata as invasións dos descendentes de Hércules (nas lendas dos Pobos do Mar mediterráneos na Idade do Bronce), pasando pola natureza axiña que liviá como pesante do vento, o entretemento entre tenro e díscolo da infancia, o Diabolus in musica ou un dos soados nocturnos de Chopin en tres partes, o opus 15, que dá título a este concerto. 

Un Nocturno sería en galego un Serán, ou unha Serenata, en principio unha peza para interpretarse en tárdelas-noites, unha especie de merenda-cea para o oído, e ás veces de certa intranscendencia. Con todo paulatinamente [as palabras importan, e moito] foise tinxindo de características introspectivas, ás veces enigmáticas, con alusións a elementos nocturnos [como a lúa, por exemplo]. 

Para nós a palabra «nocturno» en música supón un encontro entre compositores de linguaxes diferentes, con motivos ben curiosos e diversos, para recibirmos a noite convertidos en seres poliédricos, invadidos de saltos de oitava, texturas e timbres inesperados, observando un piano que pode ser tan ingrávido coma o vento e colapsarse até o punto dun furado negro, do que nada escapa, nin una tecla. 

Tampouco a vosa curiosidade escapará.

Carlos Marín Rayo

Presenta Estíbaliz Espinosa

Audiencia Provincial da Coruña ( Antga Fabrica de Tabacos-) Sala Emilia Pardo Bazán

+ Info: https://www.resisfestival.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión