Concello da Coruña

Concello da Coruña

Noite no Fórum

Indiana Fórum en busca de aventuras!!!

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

23/03/2019

Xa rematou

Horario:

Recepción das/dos participantes no Fórum Metropolitano, ás 19.00 h do sábado 23 de marzo (auditorio) e entrega o domingo 24 de marzo, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

22 euros (40 euros no caso de 2 irmáns/irmás, 56 euros no caso de ser 3. Consúltese para outros casos). Inclúe a cea do sábado (bolos con salchicha, tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais.

Inscrición: as nenas e nenos que participan nas actividades do programa de Lecer de Fórum e/ou Ágora inscribiranse na conserxaría do Fórum Metropolitano ou do Ágora, do 2 o 9 de marzo (incluídos), de 9.00 a 20.00 h, de luns a venres e os sábados de 9.00 a 13.30 h

Para as demais persoas interesadas, a partir do luns 11 de marzo, por rigorosa orde de inscrición.

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubriren un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Só se entregarán 3 solicitudes por persoa (agás no caso de irmáns).

Requisitos:

  • Nenas e nenos nacidos entre 2007 e 2012.
  • Pagar a cota de inscrición no prazo indicado e en efectivo.

Documentos:

Información e folla de inscricción (125 KB)

Se o queres pasar ben...

... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, cheo de sorpresas, onde todo é posible... Moitas son as aventuras de Indiana o longo do mundo pero como as que virán no Fórum, nunca serán contadas. Aventuras, tesouros, lugares insólitos... estarán no Fórum para facer da nosa noite unha velada divertida e única...

Pero ollo!, as cousas non son o que asemellan...

Viste con espírito aventureiro e prepárate para vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece.

Explora os recunchos do Fórum para axudar a encontrar, descubrir e resolver as innumerables aventuras que imos correr e que esconden as máis emblemáticos  e asombrosos misterios do noso protagonista.

Demostra o teu valor realizando as aventuras máis intrépidas e aloucadas xamais vividas.

Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión