Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Norman Parkinson: sempre con estilo

Exposición organizada por Norman Parkinson Arquive/Iconic Images en colaboración con Terra Esplêndida e a Fundación Barrié. Comisariada por Terence Pepper, co-comisariada por Alex Anthony e Iconic Images.

Cando:

Dende o 10/08/2019 ata o 19/01/2020

Este evento xa rematou

Enderezo:

Fundación Barrié. Rúa Cantón Grande 9.

A Fundación Barrié acolle, en primicia para España, a exposición retrospectiva "Norman Parkinson: sempre con estilo". A exposición foi comisariada por Terence Pepper, que foi comisario de fotografía na National Portrait Gallery de Londres durante máis de 40 anos, e ofrece unha xenerosa retrospectiva da influente carreira de Parkinson ao mostrar 80 fotos que reflicten a transformación da moda feminina e que contribuíron a dar forma ao modo en que esta se lle comunicou ao público durante varias décadas.

Coñecido polo seu conxunto artístico innovador e único, Norman Parkinson foi partícipe das transformacións que tiveron lugar na fotografía de moda do século XX. Desenvolveu o seu propio estilo distintivo ao longo dunha carreira de 56 anos, pois comezou a fotografar na década dos 30 e traballou sen pausa ata o seu falecemento en 1990. As súas imaxes capturan o estilo do século XX; desde a Gran Bretaña da década dos 30 e a austera moda da 2.ª Guerra Mundial, o Novo Look parisiense dos anos 50 e o Swinging London dos 60, ata o glamour e brillo dos anos 70 e 80.

Parkinson gañou o recoñecemento nos seus primeiros anos ao traballar cun estilo alternativo e pouco convencional; revolucionou a fotografía ao desprazar as súas modelos femininas do medio estático, serio e controlado do estudio fotográfico a escenarios da vida real e lugares exóticos. Este estilo dinámico e espontáneo atraeu a atención de numerosas revistas de moda, entre as que se incluían Harper's Bazaar, Vogue e Town & Country, o que supuxo o seu recoñecemento internacional.

A exposición inclúe fotografías das diferentes fases da carreira do artista. A foto de 1939 da modelo Pamela Minchin tomada no aire e cun bañador de Fortnum & Mason na Illa de Wight (Inglaterra) para Harper's Bazaar exemplifica o estilo atrevido de Parkinson. El dixo desa imaxe con posterioridade: "Cando retirei esa foto da 'sopa', confirmoume que tiña que dedicar o resto da miña vida a ser fotógrafo. Quedei totalmente cegado pola súa maxia."

Durante as décadas dos 40 e 50, Parkinson comezou unha longa fase de colaboración con Vogue, producindo imaxes que suxerían unha narrativa, como podemos observar en Young Velvets (Young Velvets, Young Prices, Nova York, Vogue, 1949), que presenta a catro modelos con chapeu ante o fondo dos rañaceos neoiorquinos. Tamén durante esta época xorden imaxes da súa esposa e musa Wenda Parkinson, que chegou a ser unha das principais modelos da época.

Nos anos 60 e 70 sucederon importantes cambios de estilo de vida, pero Parkinson soubo manterse reinventando o seu estilo e estando ao día da xeración emerxente de fotógrafos e modelos. Ao longo da década dos 60, Parkinson seguiu achando novos rostros e empezou a traballar coa revista The Queen. Na década dos 70, as súas imaxes axudaron a elevar novas modelos como Jerry Hall e Iman ao estatus de superestrelas. Ao longo deste período de 20 anos, Parkinson realizou fotos icónicas de The Rolling Stones e The Beatles e de deseñadores de moda como Yves St. Laurent, Hubert de Givenchy, Jean Muir e Zandra Rhodes.

Os anos 80 estiveron marcados polo nomeamento pola raíña de Inglaterra de C.B.E. (Comandante do Imperio Británico) e por unha serie de novos retratos encargados para unha gran exposición retrospectiva na National Portrait Gallery de Londres.

Norman Parkinson (1913-1990) foi o fotógrafo de moda máis famoso do século XX. Foi un pioneiro da narración épica nas súas imaxes, levando a fotografía de moda e os retratos máis aló da ríxida formalidade dos seus predecesores e inxectando unha elegancia sinxela e casual na arte. As súas fotografías crearon a era da supermodelo e convertérono no fotógrafo preferido de moitas celebridades e artistas. Ao longo dunha carreira que abarcou sete décadas, reinventouse a si mesmo e á fotografía de moda, desde as imaxes rompedoras e espontáneas da década dos 30, pasando polos anos da guerra e os Swinging Sixties, ata as exóticas localizacións dos anos 70 e 80. Norman Parkinson faleceu mentres sacaba fotos para Town & Country en Malaisia en 1990.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión