Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de decembro de 2018

O Belén municipal, que se inaugurará o venres 14 no Pazo de María Pita, incorporará este ano a figura da escritora Luz Pozo

As actividades musicais comezarán este martes, día 11, nos barrios da cidade, que contarán con concertos de panxoliñas e pasacalles durante todo o mes de decembro

O goberno municipal renderá homenaxe á poeta Luz Pozo Garza incorporando este ano a súa figura ao Belén municipal. Tal e como expón o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, esta iniciativa procura "recoñecer e visibilizar a obra dunha das voces máis salientables da literatura e poesía galega, e que ademais foi quen de expandir o coñecemento da lingua e cultura do país como veciña e mestra na Coruña". O alcalde, Xulio Ferreiro, inaugurará o belén municipal o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 20.00 horas, nun acto no que tamén participará o Coro Cantábile. Será o primeiro dunha serie de concertos de panxoliñas que distintas agrupacións con arraigamento na cidade ofrecerán durante este mes na entrada ao Pazo de María Pita. Así, os días 15 e 21, actuará a Coral Polifónica Follas Novas; os días 22 e 28 será a quenda do Orfeón Herculino, o día 27 participará o Coro Santa María Maris e a Coral Canticorum pechará o ciclo o día 29 de decembro. Todos estes concertos, desde o sábado 15, terán lugar a partires das 19.30 horas.

No que respecta ao belén, poderase visitar desde o día 14 na sala de exposicións do pazo municipal. A instalación será accesible en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas todos os días do mes de decembro, desde o sábado 15 até o domingo 30, agás os días 24 e 25, nos que o pazo permanecerá pechado --ao igual que o luns 31--. No mes de xaneiro de 2019, o nacemento poderase visitar en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, os días 2, 3, 4 e 5, mentres que o domingo 6 estará aberto ao público de 17.00 a 21.00 horas. Tamén no mes de xaneiro, do 2 ao 4, os Reis Magos visitarán o Pazo de María Pita para falar coas nenas e nenos da Coruña entre as 17.00 e as 20.00 horas. A Cabalgata terá lugar o día 5 de xaneiro e partirá desde Riazor.

O concelleiro de Culturas sinala tamén que, a partires da semana que vén, comezarán as actividades musicais e culturais nos barrios da cidade, "seguindo a liña de descentralización da programación municipal, tanto de Nadal como das restantes festas e eventos promovidos polo Concello". Así, o martes 11, o centro Ágora acollerá, a partires das 18.30 horas, o XX encontro de panxoliñas Música no Nadal, organizado pola área de Xustiza Social e Coidados, un festival aberto á cidadanía no que participará 10 corais tanto de centros cívicos como doutras entidades privadas. As entradas poderanse recoller, o propio día 11, entre as 16.00 e as 18.00 horas, no propio equipamento municipal.

Ao día seguinte, o mércores 12, o coro Cantares Gallegos ofrecerá un concerto ás 20.00 horas no local social da Asociación Veciñal Os Anxos, en San Cristovo das Viñas, "dando resposta a unha petición do Dillo ti celebrado o pasado mes de novembro no Birloque", apunta Sande. O venres 14, ás 20.00 horas, o Coro de Cámara Canta Compaña actuará na igrexa de Nosa Señora do Pilar, no barrio do Ventorrillo. O sábado 15, Pandereteiras Sen Fronteiros realizará un pasacalles en horario vespertino, a partires das 20.00 horas,  no barrio dos Mallos, na rúa Ángel Senra. Xa na semana seguinte, o mércores 19, de novo Cantares Gallegos estará no centro cívico de Palavea ás 20.00 horas, e o xoves 20, a Tuna de Veteranos ofrecerá un concerto na Residencia DomusVi na Cidade Vella ás 18.00 horas. Finalmente, a Asociación Cultural Son D'aquí actuará nas rúas de Monte Alto o 21 a partires das 20.30 horas e a Asociación Cultural Donaire en distintas vías dos Castros o día 22, desde as 12.30 horas.

Toda a actividade nos barrios completarase, ademais, con pasacalles que transcorrerán polas rúas do centro da cidade até chegar á praza de María Pita, e que se desenvolverán os venres e sábados deste mes de decembro, a partires das 20.00 horas. O día 14 e sábado 15 participarán AC Donaire e Son D'Aqui, respectivamente. Na fin de semana seguinte, o día 21 actuará Cantares Gallegos e o día 22 a Asociación de Coros e Danzas Eidos. Finalmente, o venres 28 será a quenda da Asociación Folclórica Aturuxo e o día 29 a Asociación Cultural Donaire pechará a serie de actuacións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión