Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de agosto de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición para participar na VII Carreira Popular Volta a Oza, que se celebrará o 9 de setembro

O circuíto Coruña Corre retomará a súa actividade tras a XI Baixada de Cross de San Pedro de Visma, que tivo lugar o 1 de xullo

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar na carreira popular VII Volta a Oza. A proba, que terá lugar o vindeiro 9 de setembro, retomará a actividade da sexta edición do circuíto municipal Coruña Corre tras o paro estival.

A Volta a Oza comezará, no caso da categoría absoluta, ás 10.00 horas no Parque de San Diego. As e os atletas percorrerán, o longo de 6.250 metros, os parques de San Diego, Oza e Eirís. Así, tras percorrer a avenida do Exército, dos Castros e da Concordia, así como Monte das Moas, chegará ao Parque de Eirís. Ao saír do mesmo, o grupo tomará como referencia a rúa Casanova de Eirís e, tras pasar por Antonio Ríos e Antonio López Noche, chegará ao Parque de Oza. Unha vez percorra este espazo, o conxunto de atletas populares descenderá cara a ronda de Outeiro para alcanzar de novo o parque de San Diego, no que estará situada a meta. A partires das 11.15 horas --momento no que se pechará o control da proba absoluta--, terán lugar as probas das categorías inferiores --sub16 e sub18, sub14, sub12, sub10 e pre-benxamín--, cuxa saída e meta situarase tamén no Parque de San Diego.  Finalmente, contra ás 13.00 horas, terá lugar a entrega de premios.

Todas as persoas que queiran asistir á carreira deberán formalizar antes do 5 de setembro a súa inscrición a través da páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares, na que se atopa toda a información sobre a proba, así como o seu regulamento. A entrega de dorsais será o sábado, 8 de setembro, no Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 11.00 a 20.30 horas. O domingo 9 tamén poderase recoller desde as 9.00 horas até unha hora antes de cada unha das carreiras. No mesmo espazo deportivo tamén estará ubicado o servizo de duchas --dispoñible de 10.30 a 14.00 horas-- e de gardarroupa --dispoñible entre as 09.30 e as 13.30 horas--. Ao finalizar a proba, proporcionarase auga e avituallamento sólido as e aos participantes en cada unha das categorías, e a entrega de premios terá lugar a partires das 12.15 horas na zona da meta.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión