Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2018

O Concello acolle a exposición 'O Palacio da Cidade', que conmemora o centenario do pazo de María Pita

O alcalde, Xulio Ferreiro, inaugurará esta tarde a mostra, que quedará aberta ao público na sala de exposicións do edificio municipal, todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

O pazo de María Pita acolle dende hoxe e até o 18 de novembro a exposición O Palacio da Cidade, que conmemora o centenario dun edificio histórico e simbólico que foi inaugurado como Casa Consistorial, de forma oficial, en 1918. A apertura da mostra ao público terá lugar esta tarde, contra as 19.30 horas, nun acto que estará presidido polo alcalde, Xulio Ferreiro, e no que tamén participará o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. Segundo este último "trátase dunha exposición moi didáctica, que consta de 142 pezas procedentes fundamentalmente do arquivo municipal, con debuxos, planos, fotografías e documentos textuais para explicar, en dous capítulos, os antecedentes e a edificación do pazo municipal".A exposición fai un percorrido polo nacemento do pazo, xa dende o seu propio proxecto, obra do arquitecto municipal Pedro Mariño Ortega, e recorda as reformas que experimentou ao longo dos anos e que levan a autoría de profesionais como Santiago Rey Pedreira, autor das escaleiras de honra, ou Rodolfo Ucha Donate, encargado da ampliación da parte posterior. Sande, que manifestou que esta mostra "é tamén unha homenaxe a todas as persoas que, ao longo destes cen anos, traballaron de forma pública ou privada, con focos ou sen eles para lograr que a administración local funcione como a primeira porta de axuda á cidadanía", salientou o traballo realizado polos e pola comisaria da exposición: o historiador Jeús Ángel Sánchez García, o arquitecto Miguel Abelleira Doldán, o conservador municipal, Jaime Oíza Galán, e a arquiveira do Concello, Mariola Suárez Rodríguez.A exposición, que quedará aberta ao público esta tarde na sala de exposicións do pazo municipal, poderá visitarse até o 18 de novembro, todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. Para máis información sobre esta mostra así como outras actividades da Concellería de Culturas, pódese visitar o web www.coruna.gal/cultura. 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión