Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2019

O Concello iniciará a dixitalización dos fondos da Biblioteca de Estudos Locais para dar a coñecer o seu patrimonio a través da rede

O servizo municipal de bibliotecas acadou unha subvención de máis de 56.000 euros polo interese patrimonial dos seus materiais, que estarán á disposición da cidadanía a través de Galiciana

A biblioteca municipal de Estudos Locais dixitalizará os seus fondos. O Concello da Coruña vén de acadar unha achega europea para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia. En total, a administración local percibirá un total de 56.819,48 euros para a preservación e difusión dos materiais do centro municipal especializado na historia da Coruña a través da plataforma Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

O proxecto do Concello acadou, con 95 puntos, a máxima puntuación da primeira edición desta convocatoria, que está financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, e na que se tivo en conta a coherencia da iniciativa presentada, así como o interese patrimonial do material. A este respecto, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta a oportunidade que supón facer máis accesible os fondos que se atopan nun "espazo de excelencia e centro de referencia bibliográfico" como é o de Durán Loriga. "Con este proxecto damos novos pasos no obxectivo de achegar á cidadanía o patrimonio local" apunta o edil, en referencia á iniciativa Memoria Local posta en marcha polas bibliotecas municipais o pasado mes de outubro, e que ofrece información vinculada tanto a coleccións especiais como bibliotecas de particulares que se atopan nos seus fondos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión