Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de agosto de 2018

O Concello referenda a súa aposta polo deporte sobre patíns coa colaboración no torneo internacional de Roller Derby, que se celebra na cidade do 31 de agosto ao 2 de setembro

O concelleiro José Manuel Sande salientou que A Coruña volve ser sede dun torneo internacional dun deporte vinculado aos patíns, “que teñen enorme predicamento e difusión”

O equipo coruñés de Roller Derby As Brigantias exercerá de anfitrión nun dos playoffs do Torneo Central deste deporte, que reúne aos mellores conxuntos de todo o mundo, e que se celebrarán na Coruña entre os días 31 de agosto e 2 de setembro. Esta competición, que organiza a Asociación Feminina de Derby de Pista Plana (WFTDA), ten lugar fóra dos Estados Unidos por segunda vez. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou que a cidade se converte unha vez máis este ano en sede dun campionato internacional "vinculado a un deporte de patín, que teñen enorme predicamento e difusión na cidade". Neste sentido, lembrou que A Coruña acolleu xa este ano o Campionato de España de patinaxe, o europeo absoluto de hockey sobre patíns e o torneo de seleccións autonómicas desta última disciplina.

Sande sinalou que o Roller Derby, un deporte feminino e de contacto que ten a súa orixe nos Estados Unidos, se converteu "nunha práctica popularizada nos últimos anos pola acción do club das Brigantias", que impulsou a celebración deste torneo na cidade. "Esta eliminatoria ten significación internacional, con proxección para a cidade, e para o Concello é importante apoialo dende o punto de vista da loxística, técnico e tamén da difusión", indicou. Os partidos disputaranse no Pazo de Deportes de Riazor, espazo cedido polo Concello. Na presentación do torneo participaron tamén dúas membros da directiva das Brigantias, Isabel Piñar e Rosa Rilo, que destacaron que acudiran á cidade 12 dos mellores equipos da WFTDA procedentes de América, Latinoamérica e Europa. Ao fío, Piñar indicou que agardan que esta eliminatoria atraia entre 3.000 e 4.000 espectadores e espectadoras de todo o mundo, ademais de 500 persoas entre xogadoras, persoal de arbitraxe e voluntarias e voluntarios para a súa organización.   

Os equipos seleccionados para participar no torneo, os 28 mellores da clasificación internacional, compiten para acadar a final en dúas eliminatorias, que se celebran en A Coruña e en Atlanta. Todos eles loitarán por tres postos para a final de Nova Orleáns. As entradas pódense adquirir na web www.eventbrite.com/e/2018-international-wftda-playoffs-a-coruna-tickets-45849676617.

Actividades paralelas

Durante os días de celebración da eliminatoria na cidade, o club das Brigantias organiza outras  actividades para expandir o coñecemento deste deporte. A primeira delas será un taller en patíns para xogadoras impartido pola patinadora coruñesa de quad agresivo Bomba H, do equipo Chick in Bowls, no skatepark de Os Rosales e aberto ao público. Levarase a cabo os días 30 de agosto e 3 de setembro. Para o día 31 está programada unha ruta en patíns polo Paseo Marítimo que comezará ás 22.00 horas e na que pode participar calquera persoa que patine. Despois da celebración da eliminatoria, o equipo das Brigantias continuará coa visibilización do Roller Derby con dúas xornadas abertas, na que a participación é de balde, co obxectivo de dar a coñecer o deporte dunha forma dinámica e divertida ás persoas que estean interesadas. As xornadas, que se celebrarán o 8 de setembro en Santiago de Compostela e o 15 do mesmo mes  na Coruña, están abertas a calquera persoas que desexe realizar unha aproximación ao Roller Derby.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión