Concello da Coruña

Concello da Coruña

Parellas. Manuel Sendón

Parellas é o novo proxecto do fotógrafo coruñés Manuel Sendón, un traballo realizado durante catro anos ao redor do grupo de vivendas Juan Canalejo de A Coruña, coñecidas popularmente como as “casas baratas”, que se exporá ao público na Fundación Luis Seoane a partir do 30 de setembro con motivo da celebración da Semana da Arquitectura organizada polo Concello da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/09/2021 ata o 08/12/2021

Xa rematou

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

San Francisco 27, 15001 A Coruña España

A mostra reune máis de oitenta fotografías dixitais, un formato no que o autor se estrea tras décadas empregando a tecnoloxía analóxica, dispostas en cinco polípticos e tres fotografías de maiores dimensións, ás que acompaña unha reprodución do plano do proxecto orixinal de urbanización.

En 1948, o Concello da Coruña aprobaba a construción dun conxunto de vivendas protexidas destinadas a membros da Organización Sindical da F.E.T e das J.O.N.S., un proxecto que ocuparía preto de dez hectáreas na contorna da Ronda de Nelle. Bautizadas polas autoridades da época como grupo de vivendas Juan Canalejo, en honor a un membro local da Falange, e, de maneira máis expeditiva, polos veciños da Coruña como as "casas baratas", a maioría destas edificacións organizábanse de maneira simétrica como "vivendas xemelgas", unha disposición que terminaría por converterse nun dos seus sinais de identidade.

Co paso do tempo, as casas irían experimentando unha evolución froito dos gustos e necesidades espaciais dos seus propietarios. Estas transformacións son as que recolle Manuel Sendón nas fotografías incluídas nesta exposición, cuxo título fai referencia de maneira metafórica a esas "parellas" nas que se planificaban as vivendas que, do mesmo xeito que as de carne e óso, poden distanciarse tras unha convivencia aparentemente harmónica, para converterse en algo completamente distinto. O propósito do fotógrafo ao longo deste catro anos non foi documentar eses cambios desde un prisma arquitectónico, senón adoptar un punto de vista artístico que afondase nas posibilidades plásticas do arquivo, e no que se percibise o menos posible a súa presenza, aínda que como espectadores sexamos conscientes de que esta non chega xamais a desaparecer por completo. Un exercicio non exento de humor que convida a deterse nuha serie de detalles que Manuel Sendón recupera para todos nós.

A Semana da Arquitectura, da que forma parte esta exposición, é unha iniciativa do Concello da Coruña que terá lugar entre os días 1 e 8 de outubro en diferentes espazos da cidade.

+ info: SemanaArquitectura

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión