Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pixies (Coliseum)

Falar de Pixies é facelo dunha das bandas de rock alternativo máis importantes das últimas décadas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/10/2019

Xa rematou

Horario:

22.00 h (Apertura de portas: 20.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

28,00 / 32,00 €

(Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

Os de Boston iniciaban a súa exitosa carreira en 1986 e foron un deses grupos que marcaron o camiño para seguir, sendo unha referencia recoñecida por multitude de grupos e artistas que xurdiron posteriormente (entre moitos outros, Kurt Cobain, fan confeso da banda, que falaba da grande influencia que o grupo exerceu en Nirvana). Con 7 discos ás súas costas, deixaron un legado de cancións que calquera amante do rock, pop, indie, e da música en xeral, recoñece ao instante. Algúns dos seus traballos como os idolatrados "Surfer Rosa" ou "Doolittle" foron elixidos por prestixiosas publicacións como Rolling Stone, Q magazine ou Melody Maker entre a lista dos mellores discos de todos os tempos.

Despois de separarse en 1993 e cun parón que durou case 11 anos, a súa volta en 2004 supuxo todo un acontecemento e aumentou aínda máis a percepción de "banda de culto" sobre eles. Os Pixies actuaron nos principais escenarios do planeta e festivais de medio mundo peléxanse por telos na súa programación cada vez que saen de xira.

Tras os seus recentes shows en USA compartindo cartel con Weezer, a mítica formación americana anuncia tour europeo para presentar o seu novo disco e repasar un repertorio infestado de hits. Chegarán en outubro a España, onde actuarán unicamente en 3 cidades: Madrid, Barcelona e A Coruña, no que será o primeiro concerto que realiza o lendario grupo en Galicia.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só os días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión