Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: Alvin Pang e Berta Dávila

Dúas poéticas fondamente intimistas pero que xamais deixan de tender a man aos outros. Honestidade humanísima dende Santiago e Singapur.

Cando:

20/10/2014, de 20:30 a 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Documentos:

Programa (843 KB)

Alvin Pang, nacido en Singapur en 1972, é un poeta, escritor e editor que emprega o inglés na súa obra. Entre os seus libros cóntanse títulos como: Testing the Silence ("Sondeando el silencio") de 1997, City of Rain ("La ciudad de la lluvia") do 2003, What Gives Us Our Names ("Aquello que nos da nuestros nombres") do 2011 e Tumasik: Contemporary Writing from Singapore (Tumasik: escritura contemporánea de Singapur) do 2009.

Foi bolseiro do Programa Internacional de Escritura Creativa da Universidade de Iowa no 2002. Así mesmo, resultou galardoado como 'Artista Joven' do ano de Singapur na categoría de literatura no 2005. Pouco tempo despois, no 2007, recibiu o Premio Nacional das Artes e a Cultura do seu país. Os seus poemas foron traducidos a quince linguas e formou parte de festivais e publicacións importantes de todo o mundo. Participou en representación de Singapur no Parnaso Poético que tivo lugar en Londres no 2012 como celebración paralela ás Olimpíadas.

Os seus libros de poesía máis recentes viron a luz no estranxeiro: Other Things and Other Poems ("Otras cosas y otros poemas"), publicado en Croacia; e Waiting for the Barbarians ("Esperando por los bárbaros") publicado en Reino Unido pola editorial Arc, ambos do 2012.

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Mestra de escola de formación, é autora dos libros de poemas Corpo baleiro (2007), Dentro (Premio Avelina Valladares, 2008) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira de poesía). Este último recibiu unha fulgurante acollida tanto por parte dos lectores (de maneira excepcional, esgotou a primeira edición no seu primeiro mes nas librerías e chegou á terceira en menos dun ano) como da crítica (obtivo o Premio Nacional da Crítica 2013 e o Premio da AELG ao mellor poemario do 2013).

No campo da narrativa, Dávila iníciase coa novela Bailarei sobre a túa tumba (Biblos, 2008), pola que foi merecedora do Premio Biblos de novela para novos narradores/as. Seguiulle o libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido posteriormente ao castelán e ao xaponés. No 2013 recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol pola novela O derradeiro libro de Emma Olsen, que conseguiu tamén os galardóns da Federación de Librerías e da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción e á mellor autora do ano respectivamente. A comezos do 2014 saíu á luz o primeiro traballo da autora para público infantil, A fuxida, ilustrado por Inma Doval.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión