Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer primavera 2019 (Fórum Metropolitano)

O PROGRAMA DE LECER DE PRIMAVERA 2019 vén cargado de propostas innovadoras con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras que utilizan a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece.

A quen vai dirixido?:

Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/08/2017 ata o 31/01/2019

INSCRICIÓN DE CONTINUIDADE:

Os días 21, 22 e 23 de xaneiro na conserxaría do Fórum, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario pagar en efectivo o importe do obradoiro correspondente, ademais de ter asistido a un mínimo do 50% das sesións do outono.

PREINSCRICIÓN:

Os días 24 e 25 de xaneiro, na conserxaría do Fórum, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, ou por vía telemática :

Formulario de preinscrición telemática 

SORTEO PÚBLICO:

Luns 28 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxaría do Fórum

NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO : 217

PRAZAS VACANTES

A partir do 31 de xaneiro poranse prazas libres nos obradoiros que teñan dispoñibilidade de prazas, agás nos que teñan listaxe de agarda que se chamará a quen corresponda.

Estas prazas poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e pagalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.

Xa rematou

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

30 € por taller (maiores de 65 anos: 21 €)

Organiza:

IMCE

Busca, á súa vez, o incremento da demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade e promove a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.

Programa Lecer Primavera 2019 (Fórum Metropolitano)

Números adxudicados para o sorteo ás persoas preinscritas en liña (Fórum Metropolitano)

Lista de talleres adxudicados (Fórum Metropolitano)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión