Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias.
Familias, Infancia
20/10/2018
Xa rematou
18:30 h
- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMECE A FUNCIÓN
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6.00 euros
Abono 3 : (3 entradas para a mesma función) 15,00 euros.
Menores de 3 anos: 2.00 euros
- Todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
981 18 42 93 (Fórum Metropolitano)
Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada , por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.
Pum, Pum! É un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: Dende moi pequenos/as teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren.
BAOBAB
Con Andrea Bayer e Davide González
Director: Óscar Ferreira
Público: + 4 anos
Duración: 50 minutos
Idioma: Galego
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) o web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible