Tras o éxito do seu máis recente álbum, "Mi gran noche", RAPHAEL volve con novo disco.
11/04/2014
Xa rematou
20.30 horas.
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
60 € (zona A), 50 € (zona B), 45 € (zona C1); 35 € (zona C2).
Se no seu último traballo daba protagonismo a cancións que no seu momento foran eclipsadas por grandes éxitos que coincidiran no tempo, neste caso atrévese con algunhas das que el mesmo chama as súas “xoias da coroa”.
Así, en “De amor & desamor” (suxestivo título que dá nome ao novo disco e á xira), o artista volve sorprender con novas versións de temas históricos na súa carreira profesional e, dende logo, na música popular en español do último medio século.
Son tres os músicos que se encargaron dos novos arranxos e produción: Jacobo Calderón (“Que sabe nadie”, “Amor mío”, “Ámame”), Paco Salazar (“Será mejor”, “Provocación”, “No puedo arrincarte de mí”…), e Fernando Velázquez (“En carne viva”, “Desde aquel día”, “Frente al espejo”…), ata completar os quince temas que compoñen “De amor & desamor”.
Arranxos actuais, sorprendentes, vibrantes, con marcadas diferenzas entre si (algúns deles gravados coa Orquestra Sinfónica de Radio Televisión Española), que acompañan a voz única de Raphael nesta enésima valente aventura, cuxa produción executiva corre a cargo de Manuel Martos.
A piques de cumprir a máxica cifra de 55 anos sobre os escenarios, Raphael quere volver brindar ao gran público algunhas das súas cancións imprescindibles.
VENDA DE ENTRADAS
- Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).
- Despacho do Palacio da Ópera: unicamente días de función, de 11 a 14 h e de 17 h ata o comezo do espectáculo.
- Centro Sociocultural A Fundación Coruña: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.
- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible