Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Resis Festival 2020

Festival de música contemporánea 2020

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 01/07/2020 hasta el 31/07/2020

Ya ha finalizado

Horario:

20:30 h 

Dirección:

Fundación Luis Seoane. Calle San Francisco 27. 15001 A Coruña

Número de plazas:

40 personas por concierto

Resis, o festival de música contemporánea da Coruña abre as súas portas nunha nova edición, a terceira, que achegará unha vez máis ao público o traballo de destacados artistas e intérpretes do repertorio musical contemporáneo. Este ano, o festival desenvolverá por vez primeira a totalidade da súa programación na sede Fundación Luis Seoane, e dará comezo o mércores 1 de xuño, ás 20:30 horas, cun concerto a cargo de Marc Vilanova. Baixo o título de Aresta, o artista e saxofonista barcelonés presentará unha instalación sonora escultórica e performativa que estará aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo na sala principal de exposicións do primeiro andar da Fundación.

O sábado 4 de xullo, ás 20:30 horas, o percusionista Noè Rodrigo ofrecerá o concerto Il legno e la parola, no que interpretará pezas de Javier Álvarez, Salvatore Sciarrino, Edison Denissow e Iannis Xenakis. Posteriormente, o sábado 18 de xullo, á mesma hora, terá lugar o concerto Sofferte... lontano de Vertixe Sonora Ensemble, que incluirá obras dos compositores Elena Rykova, Kaija Saariaho, Toshio Hosokawa e Víctor Ibarra. A clausura do festival estará a cargo este ano da pianista madrileña Magdalena Cerezo, que fará un percorrido polo repertorio pianístico europeo das últimas décadas interpretando pezas de Michael Finnisy, Georg Kröll, Betsy Jolas e Anna Thorvaldsdóttir.

A capacidade do festival está limitada a 40 persoas por concerto. Para asistir, é imprescindible recoller previamente as entradas, dispoñibles a partir do mércores 24 de xuño na recepción da Fundación Luis Seoane, ata un máximo de dúas entradas por persoa.

Toda a información acerca da terceira edición de Resis e dos intérpretes pode consultarse a través da páxina web do festival: resisfestival.com

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión