Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rock School Coruña

Gala fin de curso 2018

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/07/2018

Xa rematou

Horario:

16.30 h

  • Pídese puntualidade

Enderezo:

Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

4'00 €

  • (Deberán ter entradas todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)

"O Festival de Fin de Curso de Rock School Coruña é un concerto informal e roqueiro onde o alumnado de diferentes instrumentos (guitarra, batería, baixo, teclado, voz ou ukelele) mostrarán sobre o escenario os avances de aprendizaxe e destreza musical conseguidos durante o curso e gozarán de actuar xunto a outros/as compañeiros/as, fomentando valores como o traballo en equipo, a xenerosidade e a constancia.

Os beneficios do Festival de Fin de Curso de Rock School Coruña doaranse ao proxecto "Promoción do éxito escolar" de Cruz Vermella. Este programa está destinado a menores de entre 6 e 16 anos en situación de dificultade social. O obxectivo é apoiar a este alumnado na realización dos deberes, mellorar as áreas onde teñen máis dificultades de aprendizaxe, así como traballar o desenvolvemento persoal e social dos nenos e das nenas a través de diversas actividades lúdico-educativas: resolución de conflitos, identificación de emocións e xestión delas, coñecemento dos recursos que ofrece a cidade, afección pola lectura, xogos cooperativos etc. Doutra banda, todos os nenos e as nenas merendan no centro antes de entrar nas actividades, garantindo que realizan unha alimentación saudable mentres se traballan hábitos de hixiene e de convivencia."

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Túnel: aberto desde 2 hora antes ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou www.ticketea.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión