Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semana Europea da Mobilidade na Coruña

A mobilidade é un dos retos aos que se enfronta a cidade e define o éxito dunha urbe

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2019 ata o 22/09/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2019 ata o 22/09/2019

Documentos:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES SEMANA DA MOBILIDADE (791 KB)

 A alcaldesa Inés Rey, o concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, e a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, inauguraron esta mañá no Obelisco a Semana da Mobilidade, que arrinca con actividades por distintas zonas da cidade dirixidas a diferentes sectores da poboación de cara a animar a cidadanía a optar polo transporte público e desprazarse a pé o en bicicleta.

Celebramos esta Semana da Mobilidade, sinalou  a alcaldesa, como "unha chamada de atención, unha oportunidade para reflexionar e concienciarnos de que cada día debe ser a semana da mobilidade". Por iso é importante, recalcou, que na posta en marcha do plan de mobilidade se implique a toda a sociedade.

O Concello, explicou, reordenará os espazos públicos para deseñar unha cidade accesible, onde existan espazos para o peón, para o transporte e para o vehículo. "Queremos lograr unha convivencia ordenada que lles permita as veciñas e veciños vivir a gusto na cidade".

En canto á campaña da Semana de Mobilidade Urbana, "Redefinindo a mobilidade", que está a realizar o Concello, está baseada, non tanto na prescrición das mellores formas de mobilidade, senón na activación da reflexión da cidadanía para ver que as alternativas son mellores nos ámbitos social, de sustentabilidade e de saúde.

Conceptos tan arraigados aos modos clásicos como chocar, atasco, marchas, conducir, aparcar, encher... adquiren un novo senso, máis incardinado con camiñar, usar a bicicleta ou o transporte público.

DESCARGA O PROGRAMA DA SEMANA DA MOBILIDADE

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión