Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sublunar

Nesta obra fusiónanse compoñentes a través de formas, liñas e texturas construíndo verdadeiras metáforas visuais. Extracción semiótica do mundo sublunar. Deformacións materializadas mediante ricas expresións simbólicas de gran forza estética, buscando nutrir de poder visual as imaxes. A obra descífrase nos trazos do debuxo e afundíndose no malgaste cromático.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2015 ata o 31/08/2015

Xa rematou

Enderezo:

Galería Arte Imaxe. Rúa Ramón y Cajal 5, Bj. 15006 A Coruña

O mundo Sublunar de Manei:  o mundo sublunar está formado polos catro elementos e sometido á xeración e á corrupción, é dicir ao cambio e ao movemento. O mundo supralunar, pola contra, está formado por unha materia especial, incorruptible, o éter ou quintaesencia, que soamente está sometido a un tipo de cambio, o movemento circular (que, do mesmo xeito que Platón, Aristóteles considera unha forma perfecta de movemento), en clara oposición aos catro elementos (terra, auga, aire, lume) dos que está formado o mundo sublunar. A Terra, que é unha esfera inmóbil, atópase no centro do universo e, ao redor dela, incrustados en esferas concéntricas transparentes, viran os demais astros e planetas, arrastrados polo xiro das esferas en que se atopan e que están movidas por unha serie de motores que deben o seu movemento a un último motor inmóbil, que actúa directamente sobre a última esfera. Fonte: Cosmoloxía aristotélica. Introducirse na obra Sublunar supón dalgunha maneira someterse a un proceso de degradación do mesmo xeito que unha estrela a través das formas máis puras deixando ao alcance da vista o obxectivo da perfección. A partir dunha visión subxectiva e libre, Sublunar I anexiona mitos e realidades para demostrar a relación necesaria que existe entre o universo natural, a historia e o ser humano.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión