Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tachenko

Dentro duns anos dedicarémonos a facer catas verticais cos discos de Tachenko.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/02/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

14,00 € (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h - 11,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

Organiza:

I Wanna Management SL.

Reunirémonos con vellos pantalóns de pana desgastados e americanas que nalgún momento foron bonitas (con coderas, por suposto), para debater. Véxoo. Escollendo con coidado cada palabra para impresionar aos estudiosos de distintos puntos cardinales reunidos alí, para sorprenderlles coa frase analizada ese semestre na cátedra que cada un teñamos. Postos a elixir pídome nalgún lugar con verde e cafeterías de madeira, por favor. E a colleita de 2018 será das boas, das excelentes, porque este ano choveu moito e isto axuda. Ao campo e á vida en xeral. A vida sinxela, a que retrata Tachenko en cada disco. A que celebra o xesto menor como unha vitoria. Certeiras palabras acomodadas en melodías marca da casa. En tempos onde as follas promocionais deben vender fume con absurdos detalles que non importan, escribir acerca da materia nobre desta arte que é facer cancións non sabedes como me gusta. Elas falan. Non fai falta dicir que maduraron, porque só fixéronse máis vellos, no sentido da sabedoría adquirida entre risas, copas e bicos de amigos. Porque iso é para min Tachenko, a célula activa xunto ao Ebro á que acudo cando quero que a guerra das cancións non acabe nunca. Aquí está a colleita de 2018. Saboréaa como algo único, por favor, non cho tomes a treo, non deberías. Miqui Puig (North Barcelona. Xullo de 2018) Cantante de amor desde 1968 e membro de honra do club "Que non o vedes?" O disco, xa oitavo da súa carreira, foi gravado no agarimo polo ex Tachenko (e agora a tempo completo en León Benavente) Edu Baos, mesturado por Luca Petricca nos Estudos Reno e masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering. A ilustración de portada é obra de Ainhoa Motilva. 

TACHENKO son Sergio Vinadé, Sebas Ponte, Alfonso Lúa e David Garcia " Libi". 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión