Concello da Coruña

Concello da Coruña

The importance of being earnest (A importancia de chamarse Ernesto) de Oliver Parker

Gran Bretaña, 1890. Jack Worthing (Colin Firth) ten un segredo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/06/2019 ata o 22/06/2019

Xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20:30 h

* sábados ás 17:30 e 20:30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesión do/a espectador/a: sábado ás 17:30 h, prezo único: 1,50 euros

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Fórum Metropolitano

forum@coruna.es

Leva unha vida tranquila e respectable no campo, onde exerce como protector da bela Cecily Cardew (Reese Witherspoon); pero cando necesita divertirse, escapa a Londres e faise pasar polo seu imaxinario irmán Ernesto, un home tan disoluto e extravagante como o seu íntimo amigo 'Algy' Algernon Moncrieff (Rupert Everett). Con todo, o obxectivo da súa última viaxe a Londres é propoñerlle matrimonio á curmá de Algy, Gwendolen Fairfax (Frances O'Connor). A moza acepta a proposta, pero a súa nai, a temible Lady Bracknell, que ten outros plans para a súa filla, investiga que Jack, sendo un bebé, foi achado nunha bolsa abandonada na Estación Victoria. Algy, aproveitando a preocupante situación do seu amigo, visita a Cecily. Cando se presenta como Ernesto, descobre encantado que a moza hai tempo que soña con casar co irmán errante. Pero, cando Jack regresa coa noticia de que o seu irmán morreu, as cousas empezan a complicarse.

Con: Rupert Everett, Reese Witherspoon, Colin Firth, Judi Dench, Frances O'Connor,Anna Massey, Edward Fox e Tom Wilkinson

Reino Unido, 2002 - 94 min (VOS en castelán)

Formato: 35 mm

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión