Concello da Coruña

Concello da Coruña

This Is Not An Exit. Muntean/Rosenblum

This Is Not an Exit [Isto non é unha saída], é a nova proposta de Markus Muntean (Graz, Austria, 1962) e Adi Rosenblum (Haifa, Israel, 1962), que presenta como obra central, xunto a pinturas recentes, filmes e unha versión revisada da instalación The Twilight of Our Heart, unha nova instalación que inclúe elementos escultóricos, performance e proxección multipantalla.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/03/2018 ata o 16/09/2018

Xa rematou

Horario:

Horario

Martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas

Luns pechado

O museo permanecerá pechado os días 1 e 6 de xaneiro, 1 de maio e 24, 25 e 31 de decembro

* Horario de apertura en Semana Santa:

Xoves 29 e venres 30 marzo: 11.00/14.00 h

Sábado 31 marzo: 11.00/14.00 h e 17.00/21.30 h

Domingo 1 abril: 11.00/14.00 h

Luns pechado

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

gratuíto

O título, última frase do libro de Bret Easton Ellis de 1991 American Psycho, alude ao propósito do "traceur" (practicante de parkour) de achar un camiño onde aparentemente non o hai. O fin primeiro e principal desta nova instalación e performance é trasladar ao museo o parkour, unha actividade cuxos practicantes se marcan como obxectivo desprazarse, sen equipo nin axuda de ningún tipo, por unha contorna complexa, dun punto a outro, da forma máis rápida e eficaz posible.

A parte escultórica da instalación céntrase na rechamante similitude formal que existe entre as caixas de adestramento do parkour e os pedestais tradicionais dos museos e galerías. No acto de inauguración terá lugar unha performance coa participación de practicantes locais.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión