Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: "La desnudez"

Danza contemporánea de Daniel Abreu

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/12/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas -25%)

Televenda:

Ticketea

Este espectáculo fai uso de luces estroboscópicas.

"La desnudez" xira arredor da beleza das cousas. Segundo Dácil e Abreu, este traballo podería titularse Xeografía, porque trata de recompoñer e revisar o que hai, xa sexa un corpo material ou un impulso.

Unha xeografía de instantes e obxectos que nos falan dese camiño que vai do amor á morte, chea de cambios rápidos como cando moitos ollos miran á vez a mesma cousa.

Daniel Abreu é Premio Nacional de Danza por ser dono dunha linguaxe persoal e pola creación dun universo innovador e arriscado.

"Non por estar máis maiores imos deixar de movernos, é máis, o corpo dos corenta anos case pide moverse máis, construír cos últimos alentos da enerxía reprodutiva". Daniel Abreu

Intérpretes: Dácil González e Daniel Abreu

Dirección, coreografía e espazo: Daniel Abreu

Venda de entradas:

Despacho Central, da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función, de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión