Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC Danza - "Una gran emoción política"

Proposta escénica total inspirada en "Memoria de la melancolía", autobiografía de María Teresa León, que aborda os anos decisivos da nosa historia recente, os da guerra civil e o exilio: anos marcados polo fervor político, o mito da revolución e a fe nas utopías.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/09/2020 ata o 03/10/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

12.00 h

Descontos para carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: - 20%

Descontos para Familia numerosa: -25%

(Imprescindible mostrar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

A danza é a acción física, as cancións e a respiración, os textos orixinais da autora e unha proposta musical orixinal interpretada en directo (inspirada en temas populares europeos) evocan os recordos de María Teresa.

Desde o exilio, ela esperaba regresar algún día ao seu país libre da ditadura franquista. Cando o puido facer, 1977, o alzhéimer non lle permitiu recoñecer a terra que pisaba. España e María Teresa sufriron o mesmo destino: o borrado de memoria, a enfermidade do esquecemento.

Elenco: Luz Arcas, Elena González-Aurioles, Begoña Quiñones, Raquel Sánchez, Paula Montoya, Ignacio Jiménez/ Carlos Troya, Verónica Garzón, Itxasai Mediavilla, Patricia Roldán, José Andrés López, Sara Burgazzi/Lucía Montes

Dirección e dramaturxia: Luz Arcas e Abraham Gragera

Coreografía: Luz Arcas

Compañía: La Phármaco

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Para comprar entradas en liña prema aquí

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión