Concello da Coruña

Concello da Coruña

XORNADAS “ACCIÓN EXTERIOR E IMAXE GLOBAL DE CIDADES”

21 Marzo 2019, Consorcio de Turismo da Coruña. Concello da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/03/2019

Xa rematou

Horario:

10:30 a 18:00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

1. PRESENTACIÓN.

A natureza dos municipios e do goberno local mudou de maneira moi significativa nos últimos trinta anos, tanto a nivel galego coma global estas mudanzas son produto da rapidísima urbanización, a descentralización política-administrativa e a multiplicación das interdependencias globais (da liberalización económica ao cambio climático).  Este novo escenario configura as cidades actuais coma figuras concretas no marco histórico da globalización e a explosión das Tics (tecnoloxías da información e a comunicación), situándoas coma centros de poder político, económico, cultural e simbólico.

As cidades dos nosos días desenvólvense froito da súa capacidade de aglomeración e concentración de persoas, servizos, empresas, talento e conectividade global; xa sexa por medio de infraestruturas físicas, dixitais e se callar máis importantes, as relacionais. Estes novo escenario deu por impulsar a necesidade da acción exterior municipal coma unha dimensión máis dos gobernos locais, situándonos nun cambio de paradigma dos modelos de xestión do goberno local en todo o mundo. Nun planeta onde todas vivimos interconectadas, os territorios precisan conectarse ao internacional de maneira consciente, coma parte central do modelo e a marca da cidade e a imaxe global a proxectar.

Nas Xornadas do próximo 21 de marzo organizadas desde o Consorcio de Turismo (Concello da Coruña) achegarémonos a este fenómeno, partindo do estado da cuestión en Galicia, no contexto aberto pola Estratexia Galega de Acción Exterior, impulsada pola Xunta de Galicia e o estudo elaborado polo IGADI para o Concello da Coruña, -Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña. Ademais contaremos cun panel central de Andoni Aldekoa, referente internacional do concepto de -cidades globais, axentes da sociedade civil da Coruña relevantes na súa internacionalización e a experiencia das cidades de Bilbao, Xixón e Barcelona.

Pódese inscribir por medio dun correo electrónico a info@igadi.org indicando nomes e apelidos. O IGADI emitirá un certificado de asistencia ás persoas inscritas que o soliciten.

2. PROGRAMA.

10:30 Recepción participantes.

10:45 Presentación institucional das Xornadas.

  • Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña.

    11:15 Panel inicial. Da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) á paradiplomacia local galega: as BAEX A Coruña 2018-2021.

    Relator: Daniel González Palau (Director do IGADI. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 2011 e 2015, no 2009 publicara "Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local")

    Presenta e modera: Lanzada Calatayud. Xerenta do Consorcio de Turismo.

    12:00 Panel central. A internacionalización das cidades intermedias e a narrativa global urbana.

  • Andoni Aldekoa. Director xeral de Euskalduna Bilbao Centre e profesor visitante, entre outras, da George Washington University, a Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE e a Universidade de Deusto. Foi Conselleiro delegado do Concello de Bilbao.

    Presenta e modera: Lanzada Calatayud. Xerenta do Consorcio de Turismo.

    13:30 Fin da sesión da mañá e xantar de traballo.

    15:30 Mesa de Actores locais para a internacionalización do territorio: Que achegamos ao territorio e como presentamos A Coruña ao mundo?

  • Carlos Rodríguez. Director da Escola de Turismo da Universidade da Coruña.

  • Pablo López Blanco. Xefe de servizo de internacional da Cámara de Comercio da Coruña.

  • Eugenia Díaz, técnica superior de Relacións Internacionais naUniversidade da Coruña

  • Maika Beltrán. Delegada de Intermon Oxfam e representante Grupo Norte da Coordinadora Galega de ONGD.

    Presenta e modera: Alberto Lema Suárez. Presidente do Consorcio de Turismo. Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.

    16:45 Mesa redonda de cidades: Como organizamos a acción exterior?

  • J.Manuel Blanco. Subdirector Analise e Programación. DX Relacións Exteriores. Xunta de Galicia.

  • Estíbaliz Luengo Celaya. Directora de Bilbao Internacional, Concello de Bilbao.

  • Enrique Rodríguez Martín. Xefe do Departamento de Iniciativas Internacionais, Concello de Xixón.

  • David Llistar. Director do Departamento de Cooperación Internacional e Xustiza global, Concello de Barcelona.

    Presenta e modera: Daniel González Palau (Director do IGADI. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 2011 e 2015, no 2009 publicara "Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local")

    18:00 Clausura. Alberto Lema Suárez. Presidente do Consorcio de Turismo. Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión