Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXI edición de música no nadal

Entre as actividades que organiza a concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación para o fomento da música coral entre as persoas maiores destaca o encontro de corais denominado Música no Nadal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/12/2019

Xa rematou

Horario:

18:30 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse o mesmo día do recital no centro Ágora, entre as 16:30 e as 18:15 h.

Música no Nadal é un recital de música vocal, no que cada coral participante interpreta dúas panxoliñas.

As corais convidadas a este acto están integradas por persoas afeccionadas ao canto polifónico e á música coral, que atopan nesta actividade a maneira de canalizar os seus intereses e ocupar o seu tempo libre. Con este festival as corais mostran ao público o traballo que desenvolven durante grande parte do ano.

Música no Nadal  sempre tivo unha gran acollida entre as corais e a cidadanía, de feito este festival xa é un clásico nas actividades de Navidade da nosa cidade e este ano celebraremos á súa vixésimo primeira edición.

As nove corais participantes nesta edición serán:

Coral Polifónica  Breogán (ONCE), Coral  Airiños de San Fernando do CCM de Feáns,  Coral do  CCM  do Castrillón, Coral  Pensionistas da Casa do Mar, Coral Arumes do CCM de Monte Alto,  Coral Canciones de nuestra vida de Afundación,  Coral Cantores do CCM  de San Diego,  Coral Allegro ma non troppo do CCM de Monelos,  Coral  Saraiba do CCM dos  Mallos.

Este ano 2019 tamén contaremos coa actuación especial dos nenos e nenas da Asociación Cultural Donaire.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión