Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXVIII Xogos Florais María Pita

A Real Orde de Cabaleiros de María Pita recuperou eses primeiros Xogos Florais realizados por primeira vez en Galicia, na Coruña en 1861, no Teatro Principal (hoxe teatro Rosalia de Castro) e convócaos desde 1992 e dedícaos cada ano a personalidades da nosa historia ou vinculadas á nosa cidade, desde María Pita a Concepción Arenal, pasando por Rosalía de Castro, Picasso, Eusebio da Guarda… ou o ano pasado á prestixiosa matemática Maria Wonenburger.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/12/2019

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Este ano dedícase a Isabel Zendal, unha coruñesa de Ordes, reitora da Casa de Expósitos do Hospital da Caridade, que en 1803 lle foi comunicada a Orde Real para que se incorporase á Expedición da Vacina, en calidade de enfermeira.

Así a OMS recoñécea como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional.

Nesa expedición chamada Real Expedición Filantrópica da Vacina que se fixo para atallar as insistentes epidemias de varíola que dezmaban as colonias españolas de América e Asia, tivo un enorme protagonismo coruñés, xa non só por Isabel Zendal, senón porque a maioría das nenas e os nenos que "transportaban" a vacina eran de aquí, pero tamén a tripulación do barco que os desprazou ata América.

Curiosamente a corveta que os desprazou ata América levaba o nome de María Pita.

Participan:

Unidade de Música da Forza Loxística Operativa

Nenas/os do Colexio Labarta Posse de Baio

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión