Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2020

A organización admitirá inscricións ata o 22 de marzo, a proba desenvolverase en horario nocturno o día 28

Aberta a inscrición na X Carreira Popular Torre de Hércules - II Carreira e Andaina Solidaria #Querémonosvivas

O circuíto instalado nos arredores do faro romano acollerá na noite do 28 de marzo a décima edición da Carreira Popular Torre de Hércules e a segunda Andaina Solidaria #Querémonosvivas

A organización manterá aberta ata o día 22 a inscrición, que é gratuíta para as/os menores de idade, mentres que as persoas adultas deberán pagar dous euros, aínda que as persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do carné xove só deberán aboar un euro. A inscrición pódese realizar de forma telemática a través das webs www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.championchipnorte.com.

A inscrición nesta proba entra dentro da inscrición do Circuíto de Carreiras Popular Coruña Corre do año 2020. O día 22.03.2020 rematará tamén o prazo de inscrición neste circuito.

A proba, organizada polo Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA, está integrada no VIII Circuíto de Carreiras Populares e conta xa con 203 persoas inscritas nas diferentes categorías: Peques (non competitiva), Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18 e Absoluta, ademais da Andaina Solidaria. As/os máis cativas/os só correrán 150 metros, mentres que as/os participantes de ata 12 anos farán 800 metros. As/os de 14 correrán 1.600 metros e as/os 16 e 18 terán unha proba de 2.400 metros. A categoría absoluta e a Andaina Solidaria terán pola súa banda un percorrido de 6.625 metros.

O horario de saída das carreiras comezará ás 17.30 horas coa dos Peques, tras a que sairán o resto das categorías de forma sucesiva ata que ás 20.30 saia a absoluta, que será seguida cinco minutos despois pola Andaina Solidaria.

A carreira forma parte da programación do día 8 de marzo (Día Internacional das Mulleres) e trata de darlle visibilidade á igualdade dentro do deporte así como ao rexeitamento á violencia de xénero.

Ademais, é a única carreira solidaria organizada polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. O concello pretende recadar fondos que irán destinados á investigación contra o cancro. No año 2019 recadáronse 9.744 euros para esta finalidade. Neste ano queremos ampliar esa cifra.

As persoas que desexen facer unha doazón recibirán de regalo unha camiseta.

Admitiranse doazóns dende 3 euros. As doazóns pódense facer na páxina web á hora de inscribirse ou ben depositalas directamente nunha urna o día da carreira.

Todas as doazóns son recadadas pola Fundación EMALCSA e haberá que dirixirse á fundación para solicitar un certificado da doazón realizada.

Lugar e recollida de dorsais

O dorsais recolleranse na aula habilitada para o efecto na Cidade Deportiva da Torre o 27 de marzo de 17.00 a 21.30 horas e o 28 de marzo dende as 10.00 horas e ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras.

Dorsal 261

Todas as persoas que participen na Andaina Solidaria levarán o dorsal 261 en homenaxe a Katherine V. Switzer, a primeira muller que en 1967 correu un maratón cur dorsal oficial identificado con este número. Foi no Maratón de Boston.

Katherine apuntouse no maratón coas súas iniciais e non se deron conta da presenza dunha muller ata unha hora despois de empezar a carreira.

Este foi o punto de partida para que as mulleres puidesen participar en carreiras de longa duración.

Servizos a corredoras

Haberá servizo de duchas e vestiario o día da carreira na Cidade Deportiva da Torre para as persoas participantes na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 20.00 horas, ademais dun servizo da gardarroupa no frontón do mesmo complexo de 19.30 a 22.15 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión