Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2019

Deportes anuncia a integración das piscinas de Pedralonga na futura cidade deportiva

Desde a concellaría permitirase este verán o uso das zonas das instalacións que non presentan risco de seguridade de uso, para lle evitar prexuízos á veciñanza

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, confirmou esta mañá que dada a situación de inseguridade das instalacións deportivas e de ocio de Pedralonga, este verán non se poderá facer uso da piscina pequena ao non cumprir coas mínimas normativas esixidas.

Aínda así, para lle evitar prexuízos á veciñanza do barrio precintarase toda a instalación, e de acordo coas conversas mantidas in situ con membros da asociación de veciños, acotarán con valos as zonas perigosas para deixar uso nas que non o son, e que as poidan desfrutar as persoas residentes. Por outra parte, o perímetro en cuestión cedido polo Ministerio de Defensa ao Concello, formará parte do proxecto anunciado polo Goberno local en campaña no que se construirá unha cidade deportiva que lle subministre servizos a unha zona carente deles.

Desde a Concellería de Deportes, lamentan que teñan que pechar a infraestrutura para o baño, pero sinalan que coa obra serán preto de 50.000 metros cadrados destinados a distintas especialidades deportivas coas novas piscinas integradas.

Borrego explicou que este mesmo ano comezarán a traballar na definición do proxecto para poder asignarlle un orzamento o ano que vén.

O máis inmediato será saber exactamente as dimensións que ocupará a cidade deportiva e co estudo na man, consultarán a veciñanza para que expoñan as súas necesidades e elaborar entre todos os contidos que se lle dará á infraestrutura. Este investimento será á parte doutro tipo de actividades deportivas que desde o departamento poden ter previstas organizar en Pedralonga.

VISITA

O concelleiro Juan Ignacio Borrego comprobou en persoa o estado de inseguridade das instalacións, nunha visita á que acudiron representantes da asociación de veciños de Pedralonga e persoal técnico da Concellaría de Deportes. O edil comunicoulles que ademais de deixar o uso para as/os residentes das zonas seguras, o barrio poderá celebrar igualmente as súas festas de agosto na localización habitual.

De feito, xa comezaron os traballos de desbroce e adecentamento das partes con xardín para que se poida facer uso delas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión