Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2019

O Concello pon en marcha o “Sistema Escoita”

A Concellería de Deportes convocou a reunión de arranque do proxecto que se quere poñer en marcha de forma estable a partir do mes de outubro

O "Sistema Escoita" é un pioneiro e ambicioso proxecto altruista que permitirá ás persoas con dificultade ou discapacidade visual recibir en tempo real a audio descrición daqueles eventos deportivos que se celebren no Estadio Municipal de Riazor e no Palacio dos Deportes. O obxectivo desta iniciativa, impulsada por Jesús Suárez, é romper a barreira sensorial que lles impedía facelo nas mellores condicións, mesmo en eventos que non sexan retransmitidos por ningún medio comercial.

Xunto coa Concellería de Deportes tamén colaboran o Colexio de Exeñeiros e Telecomunicacións, a UDC a través da Facultade de Comunicación Audiovisual (Master de Comunicación Deportiva), o R.C. Deportivo, a Cadena Cope, Radio Coruña, Radio Intereconomía, Radio Marca, Radiovoz, Onda Cero, Radio Galega, RNE en Galicia e a ONCE.

Na reunión, que terá lugar a última semana de setembro e que será precedida por por unha breve recepción por parte da alcaldesa Inés Rey, establecerase o protocolo de uso que se coordinará desde a Concellería e fixarase a data e o evento da súa posta en marcha.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión