Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de xaneiro de 2020

O Teatro Rosalía acolle mañá a estrea de “Leira”, o novo espectáculo de Nova Galega de Danza

O director artístico da compañía, Jaime Pablo Díaz, explicou que levou a enriba do escenario o imaxinario que recorda de cando era neno e vía a xente, sobre todo, as mulleres traballar na terra

O Teatro Rosalía acollerá mañá, ás 20.30 horas, a estrea de "Leira", unha peza coreográfica inspirada no imaxinario que o director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, recorda de cando era neno e vía na súa aldea de Pantín "toda esa xente traballando, sobre todo, as mulleres que estaban na casa e no campo, cos fillos...". O autor explicou hoxe na presentación que decidiu levalo enriba do escenario coa colaboración do coreógrafo Iker Gómez, con quen construíu unha obra que "é tradicional pero ao mesmo tempo moderna, unha peza moi física co toque de dozura que lle achega Rosa Cedrón". A cantante coruñesa sinalou que pola súa parte lle puxo voz á terra que é muller e que musica Sergio Moure, quen asegurou que foi un pracer, sobre todo, por traballar coa maxia de Rosa que "sempre é un privilexio". O elenco principal complétase con Iván Villar, Inés Vieites, Estefanía Gómez e Pablo Sánchez: "Moitísima xente e violíns, percusións, voces e grazas a eles, aparece 'Leira'".

O director do Teatro Rosalía, Paulo Rodríguez, sinalou que unha das cobizas do espazo é apoiar as creadoras e creadores galegos e que o calendario de danza inclúe para este ano tres estreas, incluída a de Nova Galega de Danza: "Virán os de Exire e Ánxela Blanco, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Agadic, e que responderán a distintas danzas". O responsable afirmou que esta función está moi vendida, "estamos chegando ao cheo técnico, pero non por iso quedan as peores localidades, xa que son sen numerar. Podes comprar a última e sentar onde queiras se es madrugador/a". As entradas son de doce euros co desconto habitual do 20% para as persoas maiores de 65 anos, desempregadas e usuarias do carné xove.

Da Coruña, "Leira" viaxará nos vindeiros meses a localidades como As Pontes, Carballo, Lugo, Vilalba, Ferrol, Arteixo ou Santiago de Compostela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión