Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de abril de 2020

Inés Rey: “A Domus é parte do que nos define como cidade”

A alcaldesa recorda no 25 aniversario deste museo o papel que tivo Núñez Centella en convertelo no primeiro de carácter científico e interactivo dedicado ao ser humano A Domus proponlles ás e aos coruñeses que acheguen fotografías vinculadas co edificio de Arata Isozaki, así como lembranzas ou debuxos dos seus contidos e as experiencias que viviron nel

Con motivo dos 25 anos da Domus, a alcaldesa, Inés Rey, recorda que a que naceu coa vocación de dar a coñecer diferentes aspectos do ser humano dunha forma distinta e interactiva "é parte do que nos define como cidade; os Museos Científicos e a Rede de Bibliotecas confírenlle eses matices que a fan distinta". A rexedora destacou que, hoxe máis que nunca, "a actualidade confírmanos que non podemos deixar de lado a investigación, que o coñecemento ten que ser a prioridade de todos os gobernos e, como tal, as administracións deben impulsar a ciencia desde a escola e con iniciativas e museos como os catro en que A Coruña amosa os seus avances e curiosidades dunha forma diferente". Tamén destacou o papel de Ramón Núñez Centella, que foi o primeiro director dos Museos Científicos, ao entender que estes edificios tiñan que falar coa xente e que nesas conversas debían formular cuestións que o público despexaría logo de realizar experimentos ou exercicios en directo.

Pola súa parte, o director dos Museos Científicos, Marcos Pérez, sinalou que nestes 25 anos, "a Domus ensinounos de que estamos feitos, como funciona o noso corpo, como nos relacionamos coa contorna e por que somos intelixentes". O responsable engadiu que en todo este tempo, "o centro amosoulles ás persoas visitantes que se chegamos aquí é por sermos seres sociais e porque, como tal, podémonos enfrontar xuntos ás dificultades. Hoxe, a ciencia dános unha ferramenta moi poderosa para buscarmos un futuro mellor".

O segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses ergueuse coa condición de ser o único que daquela xiraba arredor da especie humana dun modo interactivo. Deseñouno o arquitecto xaponés Arata Isozaki coa axuda do galego César Portela e conta con máis de 150 módulos que se foron renovando cos anos, onde as espectadoras e espectadores non son axentes pasivos, senón que constitúen a última e máis esencial das pezas dunha Casa da Humanidade en que se aprende dunha maneira lúdica.

Para celebrar a efeméride, a Domus proponlle á veciñanza que achegue fotografías vinculadas co museo e anímaa a que, nestes días de confinamento, comparta as súas lembranzas ou realice debuxos inspirados nas súas experiencias baseándose na idea de que a participación do público é a que lle dá sentido a este museo que cumpre hoxe o seu 25 aniversario.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión