Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2020

Inés Rey: “Non facemos máis que oficializar o que se sente nas rúas da Coruña”

A alcaldesa entregoulle esta tarde a Arsenio Iglesias a placa coa que o concello lle outorga o título de fillo adoptivo da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, entregoulle esta tarde a Arsenio Iglesias a placa coa que o concello lle outorga o título de fillo adoptivo nun acto no salón do plenos, en que acudiron familiares do ex adestrador así como representantes de todas as forzas políticas da Corporación e do Real Club Deportivo de La Coruña, e no que interviron os seus netos Ana e Pedro, os que falaron con emoción do seu avó. Ana lembrou as outras tres familias de Arsenio, ademais da súa: a de Arteixo, en que é fillo predilecto, a deportivista e a coruñesa: "Nin con miles de goles nin con miles de títulos se paga o cariño ao meu avó", nese xeito de entender a vida en que hai que saber gañar e perder. O seu curmán Pedro dixo que nas súas primeiras visitas a Riazor para ver "ao equipo de branco e azul que é como lle chamaba eu ao Depor", quixo saber cal era o sitio onde traballaba o seu avó. Contou que se sorprendeu cando viu unha pancarta no estadio que poñía en letras grandes "Arsenio: para nós, sempre serás o mellor" porque parecía que a escribiran os seus netos. Entendeu, tempo despois, que todo ese cariño que as cidadás e cidadáns lle profesan foi porque "lles fixo moi feliz".

Rey dedicoulle tamén unhas palabras ao arteixán nas que recordou varias das frases que xa están gravadas na memoria da cidadanía. A rexedora afirmou que "Arsenio é querido en toda Galicia e España" e sinalou que "con este acto non facemos máis que oficializar o que se sente nas rúas da Coruña, onde se lle considera un faro e un símbolo". Destacou que "en cada lección de fútbol, Arsenio nos regalaba unha lección de vida". A súa traxectoria resume, dixo, a de todas e todos os galegos, parte da aldea e chega todo o lonxe que se propoña, "sen esquecer nunca que 'hai que saber mirar atrás, ir con moito coidado e ter claro de onde vés' como dixo unha vez e nós recordamos sempre".

A alcaldesa lembrou que Arsenio sempre lle dixo que si cando o Deportivo o necesitou e falou desta distinción como tamén a de darlle unha rúa e poñerlle o seu nome aos campos da Torre como unha forma de agradecerlle "a Arsenio todo o que Arsenio coidou á cidade". Engadiu que "foi profesional, pero non estivo nunca en venda. El demostrou que as cousas poden facerse doutro xeito, os que foron os seus xogadores así o recoñecen sempre. Na súa figura non só atoparon un sabio do balón, senón unha humanidade desbordante", asegurou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión