Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2020

Miradas Inalterábeis, a fotografía de retrato do século XIX na Coruña

A rexedora sinalou que a mostra, que se pode visitar no pazo municipal até o 29 de novembro, “pretende dar difusión a unha parte do rico patrimonio documental que custodia o Arquivo Municipal, homenaxear aos doantes que axudaron a conformalo e dar a coñecer unha parte importante da nosa historia”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta tarde na Sala de Exposicións do pazo municipal a exposición "Miradas inalterábeis", xunto cos comisarios da mostra, Mariola Suárez e Jaime Oíza.

A exposición, que se pode visitar desde hoxe e até o vindeiro 29 de novembro, fai un estudo detallado dos gabinetes fotográficos da nosa cidade durante o século XIX, desde os fondos e coleccións do Arquivo Municipal da Coruña.

A rexedora sinalou que a mostra "pretende dar difusión a unha parte do rico patrimonio documental que custodia o Arquivo Municipal, homenaxear aos doantes que axudaron a conformalo e dar a coñecer unha parte importante da nosa historia" e, explicou, que "para iso editouse un catálogo da exposición que conta con dous estudos: un escrito polos comisarios e outro do que é autor Alfredo Sellier". Rey apuntou que "tan necesario é conservar o patrimonio documental como amosalo, queremos que a nosa cultura se amose a toda a cidade e que mellor sitio para facelo que nesta Sala de Exposicións do Concello, que é a casa de todos e todas".

A mostra consta de 131 fotografías orixinais en distintos formatos, representativas dos principais gabinetes da cidade: retratos de homes, mulleres e nenos, individuais e en grupo. Tamén, un conxunto de obxectos ata completar cas 180 pezas, entre as que caben destacar miniaturas e daguerrotipos, ademais de pezas da época. A exposición contextualiza física e cronoloxicamente catro reproducións fotográficas das rúas da Coruña e dúas grandes vistas da cidade que enmarcan este período, o século XIX.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión