Tres domingos para gozar da música galega. Organizado por Cántigas da Terra.
Para público en xeral
Os días 27/10/2019 á 01:00 , 24/11/2019, 01/12/2019
Xa rematou
19 horas
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Entrada libre até completar capacidade
Nesta primeira xornada de tres, a dedicaremos á bisbarra de Bergantiños coa participación do Coro Aires de Bergantiños de Carballo e da agrupación Raigañas de Cerqueda de Malpica, tamén actuará o Coro anfitrión con repertorio Bergantiñán.
O Coro Aires de Bergantiños fundase no ano 1985 en Carballo animados polo humorista Carlos Díaz "O Xestal", xuntáronse coa finalidade de recuperar e divulgar o folclore tradicional galego, en especial, o da Comarca de Bergantiños, unha das zonas de Galicia máis prolíficas na tradición musical cantada. Ademais das voces, o Coro acompáñase cunha variedade de instrumentos galegos, como a gaita, pandeireta, tambor, bombo, cunchas, pandeiro...
Raigañas de Cerqueda naceu en 1979 dentro do seo da Asociación Xuvenil Raigañas, colectivo cultural fundado en 1979 na parroquia de Cerqueda (Malpica de bergantiños). Está formado por 52 integrantes ( pequenos e maiores) repartidos entre pandereteiras, gaiteiros e bailaríns. Dentro da música tradicional, Raigañas ten como obxectivo principal a recolleita e conservación da música popular, máis en concreto do legado musical bergantiñá.
Programación completa 15º Ciclo de Coros Galegos Históricos e Novos.
-27 de outubro ás 19:00;
Coro Aires de Bergantiños
Raigañas de Cerqueda
Coro Cántigas da Terra
-24 de novembro ás 19:00;
Cantigas e Agarimos
Enxebres de San Lázaro
Coro Cantigas da Terra
-1 de decembro ás 19:00:
Toxos e Froles
Grupo de Baile e Gaitas Santaia
Coro Cantigas da Terra
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible