Concello da Coruña

Concello da Coruña

A biblioteca errante

Juan Negrín e os libros.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/12/2018 ata o 13/01/2019

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De Martes a sábado

Maña de 11: 00 a 13:30 h

Tarde: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Maña de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

de balde

Contacto:

 981 189 856

A importancia científica e política de Juan Negrín López -creador dunha prestixiosa escola española de fisiólogos e presidente do Goberno da República desde maio de 1937-, deixou nunha zona de sombra o seu interese polos libros e a lectura.

Unha paixón que comezou nos seus anos de estudante en Leipzig . Entre Las Palmas de Gran Canaria, onde naceu en 1892, e París, cidade na que faleceu en 1956, houbo moitas xeografías na vida de Negrín. Xeografías debidas a razóns profesionais e familiares, e tamén ditadas por esixencias políticas a partir de 1936 e, sobre todo, de 1939, cando debeu abandonar España camiño do exilio.

O que chamamos biblioteca errante de Negrín é o seu empeño por carrexar e reunir fragmentos de bibliotecas que desde 1936 estiveron en Madrid, Náquera e Barcelona, e desde o seu exilio en Francia e Inglaterra, en Marsella, Andrésy, París, Bovingdon e Chiddingfold.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión