Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2021

A Casa das Ciencias cumpre 36 anos

Para celebrar este aniversario, o martes 1 de xuño haberá catro sesións de planetario diferentes das que se poden gozar no resto de xornadas

Aínda que non é un número redondo, os trinta e seis anos do primeiro dos Museos Científicos Coruñeses si é significativo despois dun complicado ano debido á pandemia de covid-19, que mantivo as súas salas de exposicións pechadas e o seu planetario a medio gas. A Casa das Ciencias abriu as súas portas ao público por primeira vez o 1 de xuño de 1985, e desde entón recibiu a visita de máis de catro millóns de persoas, que puideron experimentar centenares de exposicións, programas de planetario e actividades.

Para celebrar este especial aniversario, o martes 1 de xuño haberá catro sesións de planetario diferentes das que se poden gozar no resto de xornadas, unha moi especial, a das 13.00 horas, na que se viaxará no tempo, astronómicamente falando, para amencer e revivir o ceo daquel 1 de xuño de 1985, día no que se inauguraba o primeiro museo público interactivo de ciencia de España.

A carteleira do trinta e seis aniversarios da Casa das Ciencias é a seguinte:

  • 11.00 h. «O mundo de Fugaz». De 4 a 7 anos. Castelán.
  • 13.00 h. Sesión en directo, co ceo do 1 de xuño de 1985. Maiores de 10 anos. Galego/Castelán.
  • 16.30 h. «Bacteria mutante». De 4 a 8 anos. Galego.
  • 18.00 h. «A noite é necesaria». Maiores de 10 anos. Castelán.

>> Para acudir é necesario realizar unha reserva previa de entradas aquí.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión