Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2022

A obra ‘As que limpan’, integrada no CoruFest 2022, chega con dúas sesións ao Teatro Rosalía de Castro

A peza teatral aborda a loita das camareiras de piso para acadar o recoñecemento dos seus dereitos laborais

O Teatro Rosalía de Castro abre as súas portas esta fin de semana ao espectáculo teatral 'As que limpan', unha coprodución da compañía A Panadaría e o Centro Dramático Nacional. A obra forma parte da tempada de primavera do Ciclo Principal de Teatro e intégrase na programación especial do CoruFest 2022.

'As que limpan' achégase ao día a día das camareiras de piso no contexto dun sistema turístico globalizado na que a súa figura é fundamental. Neste sentido, a peza céntrase na invisibilidade que sofren as traballadoras do gremio e tamén na súa loita por acadar uns dereitos laborais escasos. 

O elenco, encabezado por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, co apoio dramatúrxico de Paula Carballeira, trata polo miúdo as dificultades diarias que afrontan estas traballadoras para obter o recoñecemento e visibilidade que merecen, así como as trabas que atopan para a adecuación da lexislación laboral.

A obra, de 75 minutos de duración, terá lugar en dúas quendas, o venres 20 e o sábado 21, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. As entradas están a venda na web de Ataquilla.com, así como no despacho de billetes central do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) da praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas) e no propio Teatro Rosalía de Castro os días de función (de 16.00 a 20.00 horas) con prezos que varían dos 5 aos 14 euros para o público xeral. 

Penúltimo espectáculo da programación do Ciclo Principal en primavera 

A tempada de primavera do Ciclo Principal de Teatro encara a recta final da súa programación, que conclúe entre os días 17 e 18 de xuño coa peza 'Los santos inocentes', unha adaptación da obra homónima de Miguel Delibes.

Á fronte do elenco de intérpretes está o recoñecido actor Javier Gutiérrez, gañador de dous premios Goya e da Cuncha de Prata ao Mellor Actor no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión