Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Proxección sonora

PULSO ENSEMBLECONCIERTO MOSTRA DO PROXECTO A PROXECCIÓN SONORA

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/05/2022

Xa rematou

Horario:

SÁBADO 07 DE MAIO - 12:00H MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA [MUNCYT]

Enderezo:

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - Muncyt. Praza del Museo Nacional 1. 15011 A Coruña

Prezo:

Reserva de invitacións a partir do martes 19 de maio a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727

A PROXECCIÓN SONORA é un proxecto financiado pola Fundación Emalcsa, ao abrigo da VI Convocatoria 'Cultura accesible e Inclusiva', dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura, en colaboración co Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MuNCyT.

Nesta ocasión desenvolveremos o traballo en colaboración con dúas entidades sen ánimo de lucro da Coruña que traballan con persoas con discapacidade auditiva: ACOPROS ASOCIACIÓN DE COLABORACIÓN E PROMOCIÓN DAS PERSOAS XORDAS Entidade que se encarga de representar e defender os intereses globais das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, sensibilizando á sociedade en relación coa xordeira e promovendo o diagnóstico precoz e a atención temperá FAXPG FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA Entidade que traballa polo desenvolvemento integral das persoas xordas de Galicia e as súas familias, en condicións de accesibilidade universal, preservando a Lingua de Signos Española (LSE) como valor principal.

O presente proxecto pedagóxico impartido polo equipo docente de PULSO ENSEMBLE ten como obxectivo achegar a música contemporánea ao público en xeral e a persoas con discapacidade auditiva en particular. A través dunha serie de talleres dirixidos polos membros de Pulso Ensemble baixo a produción do Festival RESIS, os participantes irán introducíndose, de maneira activa, nas diferentes prácticas sonoras contemporáneas.

A través de devanditos talleres, estableceranse puntos de encontro, diálogo e creación artística entre mozas con discapacidade auditiva e mozos músicos galegos e galegas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión