María Pardo Eimil descúbrenos a impronta que deixou na Coruña o Modernismo. Nesta ocasión, só se realizará unha sesión teórica. Nas dúas seguintes, os participantes, acompañados pola experta, percorrerán as rúas coruñesas para coñecer, de primeira man, as xoias arquitectónicas deste movemento artístico, as recoñecidas por todos e as que non o son tanto, que se atopan na nosa cidade. María Pardo Eimil é Licenciada en Historia da Arte pola Universidad Complutense, Documentalista e Guía Turística oficial.
Persoas adultas
Os días 15/10/2025 ás 17:30 , 22/10/2025 ás 17:30 , 29/10/2025 ás 17:30
Xa rematou
Dende o 08/10/2025 ata o 15/10/2025
Inscrición previa.
REQUISITOS:
As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera.
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Biblioteca de Estudos Locais
Sesión 1 (15 de outubro, ás 17:30h): Conferencia divulgativa a cargo María Pardo Eimil na que a experta falará sobre este estilo arquitectónico en xeral e os elementos que o caracterizan
Sesión 2 (22 de outubro, 17:30 h): Primera visita guiada. Nesta ocasión, María Pardo Eimil acompañará aos participantes nun percorrido pola cidade na que os edificiós modernistas serán o foco de atención. En esta primera visita se mostrará unha parte destes exemplos do Modernismo na Coruña
Sesión 3 (29 de outubro, 17:30h): Segunda visita guiada. A visita iniciada na anterior sesión continuará, descubrindo, nesta ocasión os edificios Modernistas que non se mostraron na primeira das visitas. En ambas as dúas, María guiará as aos participantes explicandolles onde se atopan as características do Modernismo nos edificios coruñeses, referidas na primeira sesión teórica
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible