Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida

Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida é un ciclo de presentacións e debates que se centra nos proxectos desenvolvidos polo MUSAC de León, o Museo Centro de Arte Dos de Mayo de Madrid e a Fundación Luís Seoane da Coruña durante o período de confinamento establecido polas autoridades en 2020 ao comezo da pandemia da COVID-19.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/09/2022 ata o 14/12/2022

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luís Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

A imposibilidade de manter o acceso aos espazos culturais fixo que as programacións de museos e centros de arte se trasladasen a unha contorna dixital no que, por motivos obvios, non era posible reproducir por completo a experiencia museística.

Por iso, alén de poñer a disposición do público o catálogo de fondos, publicacións e materiais diversos a través da Internet, xerouse a necesidade de levar a cabo proxectos específicos aproveitando as vantaxes que ofrecen os formatos en liña como ferramentas de difusión. Deste xeito, o Museo Centro de Arte Dos de Mayo puxo en marcha Unmetroymedio, unha proposta que visibilizaba as condicións precarias dos artistas, ofrecéndolles a posibilidade de facer unha obra á que puidese acceder a cidadanía; ou o Laboratorio Escóitasme? da Fundación Luís Seoane, que deu lugar a unha comunidade integrada por creadores, educadores e familias.

Pola súa banda, no podcast Ciudades pospandemia, o MUSAC elaboraría en colaboración con diferentes especialistas unha reflexión acerca das consecuencias da pandemia no ámbito da arquitectura, o urbanismo ou a creación contemporánea. Este proxecto, xunto ao Arquivo COVID-19, que se transformaría posteriormente nunha exposición, protagonizou a programación externa ao espazo museístico do centro de arte leonesa.

Ante a emerxencia consta de catro sesións que se levarán a cabo entre os meses de setembro e decembro, nas que participarán o artista, crítico de arte e xestor cultural Manuel Olveira; Kristine Guzmán, coordinadora xeral do MUSAC de León; Manuel Segade, director do Museo Centro de Arte Dos de Mayo de Madrid, e Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane quen, xunto co arquitecto Fermín Blanco, serán os encargados de pechar en decembro este ciclo.

DESCARGAR PROGRAMA

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión