A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros en colaboración con Cantigas da Terra vai proxectar o documental: Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella.
Para público en xeral
16/01/2023
Xa rematou
19:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
De balde, ata completar á capacidade da sala.
Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Tlfn. +34 981 298 122
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Documental en que a Aula de Zanfonas de Cántigas da Terra, liderada por Miro Casabella, inicia unha investigación sobre este instrumento. Inclúe unha visita ao obradoiro do Xaneco, músico e mestre luthier que está a rematar unha zanfona encargada por Miro; ao Pórtico da Gloria, onde se ven os instrumentos esculpidos polos artesáns do Mestre Mateo e a interpretación de diversas pezas.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible