Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arte e memoria democrática: a guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia

Unha exposición organizada polo Concello, na que, a través da expresión artística, convídanos a unha reflexión sobre o impacto dos conflitos armados sobre as persoas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/11/2022 ata o 08/01/2023

Xa rematou

Horario:

Luns: pechado

De martes a sábado: 11.00 a 13.30 h e de 18.00 a 20.00 h

Domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Casa Museo Casares Quiroga

Rúa Panadeiras 12. 15001 A Coruña

(+34) 981 189 856

A exposición permanecerá aberta ata o próximo 8 de xaneiro na Casa Museo Casares Quiroga. Inclúe gravados como os 'Desastres da Guerra', onde Francisco de Goya reflicte, cunha visión moderna e comprometida, a violencia, a crueldade e a morte; tamén o traballo de Pablo Picasso, cos seus gravados de 'Soño e mentira de Franco', a través dos que denunciou o levantamento militar que provocou a Guerra Civil.

A exposición reúne, ademais, obras de recoñecidos artistas como Castelao, Luís Seoane, Arturo Souto, Isaac Díaz Pardo, Manuel Colmeiro, Xosé Conde Corbal e Xaime Quessada, que tamén se posicionaron en contra da violencia, a represión e a guerra. Todos eles canalizaron, por medio da arte, o seu compromiso e denuncia contra o sufrimento.

Catálogo Arte e memoria democrática

O Concello e a UNED colaboran nun ciclo de conferencias paralelo á mostra

Este ciclo, dirixido por Rosario Sarmiento e que terá continuidade ata mediados de decembro, abarca cinco sesións, en formato mesa redonda, nas que historiadores e historiadoras e especialistas deste ámbito abordarán temas como a violencia e a guerra e o seu reflexo na arte contemporánea en Galicia, o exilio como única vía de expresión intelectual e artística e o compromiso dos creadores plásticos fronte á realidade que lles tocou vivir.

- 8 de novembro (18.30 horas), na Casa Museo Casares Quiroga: 'O exilio e a súa memoria como creación intelectual e artística', coa participación de Abdón Mateos, catedrático de Historia Contemporánea da UNED.

- 24 de novembro (18.30 horas), na Casa Museo Casares Quiroga: Mesa redonda 'Creación plástica e compromiso', coa participación de Joséª M Luna director da Axencia Pública para a Xestión da Casa Natal de Pablo Picasso; Miguel Ángel Seixas, vicepresidente da Fundación Castelao; e José Gómez Alén, da Fundación Xaime Quesada Branco.

- 13 de decembro (17.00 horas), no Centro Asociado da UNED na Coruña: Mesa redonda 'Os artistas da vangarda histórica española: Guerra e exilio', coa participación de Mónica Alonso, do departamento de Historia da arte da UNED); Inmaculada Real, do departamento de Historia da arte da Universidade Complutense de Madrid) e María Vitoria Carballo-Calero, do departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo e Real Academia Galega de Belas Artes.

- 15 de decembro (18.30 horas), na Casa Museo Casares Quiroga: Percorrido guiado por mostra 'Arte e memoria democrática', con Rosario Sarmiento, directora do ciclo de conferencias e comisaria da exposición artística.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión