Concello da Coruña

Concello da Coruña

Atlantic

Todas as fotografías deste proxecto pertencen á serie A paisaxe difusa, comezada en 2018.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/11/2020 ata o 14/12/2020

Xa rematou

Horario:

L/V de 10.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h

S de 12.00 h a 14.00 h

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

En palabras de Gómez-Chao: "Relata o tránsito espacial que acontece nun momento do transcorrer do tempo. Ese lugar máxico que sucede nun preciso instante e que, neste caso, xorde da observación da transformación paulatina da cidade, cando abandona a súa morfoloxía de urbe dando paso ao campo, aos hortos ou ao mar que a circunda. Son paisaxes persoais ligadas a territorios íntimos ou simplemente á curiosidade do individuo que observa o detalle atomizado dun instante concreto".

Por mor dos acontecementos que estamos a vivir, esta serie adquire unha nova dimensión, de aí o título da mostra, "Atlantic", pois a partir da fin do primeiro confinamento da COVID-19, o artista retoma a serie cun conxunto de obras que retratan principalmente a rexión atlántica galega, e en concreto a paisaxe dos lindes da urbe da Coruña, nos que o mar se antolla omnipresente. Deste xeito, Gómez-Chao presenta un rotundo cambio con respecto ao seu proxecto inmediatamente anterior, centrado no traballo de estudo, ao xurdir nel unha imperiosa necesidade de saír ao exterior, fóra do seu lugar de traballo, para retratar espazos reais e a natureza próxima como apoio á descrición do efémero e do fronteirizo coa vida.

Nestas imaxes é importante o que se ve, pero sobre todo o que se imaxina, pois sostén o artista: "Esa néboa que cobre o mundo para que poidamos ver os nosos soños". A nivel técnico, o autor sitúase próximo á fotografía máis pura, sen esquecer a súa vertente pictórica, característica da súa linguaxe artística propia e recoñecible cargada de múltiples matices e referencias.

Xurxo Gómez-Chao (A Coruña, 1960) é licenciado en Belas Artes pola Facultade de San Carlos de Valencia. Na súa formación artística destaca o seu traslado a París en 1989 ao ser bolseiro pola Deputación da Coruña para cursar estudos con Pierre Carron na École Nationale Superieure des Beaux Arts de París. O artista coruñés conta cunha dilatada traxectoria e constitúe un expoñente clave da arte galega contemporánea, con obra presente en numerosas institucións e coleccións de prestixio como a Fundación M.ª Cristina Masaveu Peterson, Colección Morgan Stanley Dean Witter, Museo de Belas Artes da Coruña ou a Biblioteca Nacional de Madrid, entre outras. Así mesmo participou en numerosas exposicións individuais e colectivas, tanto a nivel nacional como internacional, e en recoñecidas feiras de arte contemporánea en cidades como Madrid ou Los Ángeles.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión