Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aviso importante!

En cumprimento da nova normativa decretada pola Consellería de Sanidade a través do DOG 212 Bis, Orde do 21 de outubro de 2020 pola que se establecer medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e atendendo ao punto 3.12, das medidas de prevención específicas desta orde, no que se establecen novos límites de aforo para actividades en cines, teatros, auditorios...etc, na que se limita un aforo máximo de ata 60 persoas, vémonos na obriga de efectuar as seguintes actuacións:

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/10/2020 ata o 03/11/2020

Xa rematou

1. Devolveránse a totalidade das entradas para os espectáculos previstos entre hoxe 22.10, día de entrada en vigor da nova orde, ata o día 3.11, nos recintos xestionados desde o IMCE: CC Ágora, Coliseum, Fórum Metropolitano, Teatro Colón e Teatro Rosalía Castro.

2. Reactivarense os espectáculos de novo coa saída á venda do aforo máximo permitido, 60 localidades.

3. Manteránse, en todo caso, os descontos que estaban previstos nas sesión mencionadas.

4. A devolución das entradas efectuaráse a través das mesmas canles polas que foran adquiridas.

5. Os espectáculos afectados son:

• Concerto da OSG de abono Venres número 3, previsto para o 23.10 no Coliseum.

• Concerto da OSG de abono Venres número 4, previsto para o 30.10 no Coliseum.

• Os nenos da variola, previsto para o 23.10 no Fórum Metropolitano.

• A conquista da escola de Madhubai, prevista os días 23 e 24.10 no Teatro Rosalía Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.

• A compañeira de piso, prevista para os días 30 e 31.10 no Teatro Rosalía Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.

Iniciarase unha nova venta limitada a 60 localidades o venres 23 de outubro a partir das 9.30 h, que poderá realizarse nos puntos de venda habituais. (EXCEPTO concerto OSG do 30 de outubro e Compañeira de piso que se fará en datas próximas)

No caso dos espectáculos previstos no Teatro Colón reasignaráse unha nova data en:

• O candil, previsto para o 23.10 no Teatro Colón, trasládase ao13 de novembro no mesmo horario coas mesmas invitacións.

• Érase una vez Depedro, previsto para o 25.10 pasa ao 29.11 no mesmo horario e manténse as entradas, salvo que se solicite a súa devolución.

Somos conscientes de que vivimos tempos convulsos e cheos de atrancos, mais entres todas/os imos conseguilo.

Agradecemos de antemán a súa comprensión e a confianza depositada na nosa programación.

O IMCE

* Procederase á devolución do prezo das localidades a través do mesmo medio de pago no que se realizou a venda (efectivo/tarxeta).

Para compras con tarxeta de crédito/débito: procederase á devolución automática do seu importe a través da tarxeta de crédito/debido coa que se realizou a compra. A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que fosen abonados.

Para compras en efectivo en despacho de billetes: as persoas que adquirisen a súa localidade nalgunha dos despachos de billetes do IMCE e abonasen o seu prezo en efectivo, deberán dirixirse ao despacho de billetes da praza de Ourense para a devolución do seu importe antes do 26 de novembro de 2020.

* PERÍODO DE DEVOLUCIÓN DESDE O 23 DE OUTUBRO ATÉ O 26 DE NOVEMBRO DE 2020

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión