Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bases reguladoras convocatoria Plan de Dinamización Cultural nos barrios da cidade da Coruña. Ano 2023

O Plan de dinamización cultural nos barrios da cidade pretende ser un proceso participativo no que as Asociacións Veciñais da Coruña que así o desexen poidan presentarlle ao IMCE unha proposta das festas que lles gustaría que se programasen nos seus respectivos barrios.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/03/2023 ata o 03/04/2023

Inscricións:

O prazo para a presentación das solicitudes será de QUINCE (15) DÍAS NATURAIS que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

No caso de presentación telemática da solicitude, o prazo finaliza o último día ás 23.59 horas.

Requisitos:

Poderán presentar os seus proxectos unicamente as Asociacións Veciñais, legalmente constituídas e sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio na cidade da Coruña, e que se atopen rexistradas no REMAC (Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña), na data de finalización do prazo de presentación dos proxectos.

O ámbito de actuación das asociacións participantes e dos proxectos presentados será o termo municipal da Coruña.

Cada asociación unicamente poderá presentar un único proxecto. En caso contrario será excluída do procedemento.

Organiza:

IMCE

É obxecto do presente texto a regulación das bases polas que se convoca ás Asociacións Veciñais constituídas legalmente e radicadas na cidade da Coruña para que presenten ante o IMCE aqueles proxectos culturais e festivos que queiran propoñer dentro da programación de festas dos seus respectivos barrios.

Bases dispoñibles en:

Bases reguladoras convocatoria Plan de Dinamización Cultural nos barrios da cidade da Coruña. Ano 2023

Modelo solicitude:

Modelo solicitude Festas de Barrio 2023

As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática por sede electrónica, dirixindo a solicitude ao IMCE.

Excepcionalmente, admitiranse solicitudes presenciais no Rexistro administrativo do IMCE, situado na avda. da Mariña, núm. 18, 15.003 A Coruña, previa cita no teléfono 981 18 42 33 ou na páxina web citaprevia.coruna.gal/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión