Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bautismo de vela e regata - Festival mar de mares

Lugar de realización: Edificio Deportivo do Real Club Náutico da Coruña (próximo ao Castelo de San Antón)

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

25/09/2016

Xa rematou

Horario:

De 10 a 14 h

Prezo:

Entrada*: 20 €/persoa, con inscrición previa.

Requisitos:

maior de 8 anos, que saiba nadar

Tras dúas edicións dedicadas ao surf e o submarinismo, este ano o Festival pon a súa atención na vela. Un deporte para todos que se desprende da súa imaxe elitista e que nos mostra os grandes valores que fomenta: traballo en equipo, solidariedade e afán de superación, entre outros. Ademais, os tripulantes de veleiro son xente comprometida co mar e saben de primeira man da importancia da preservación.

Se nunca subiches a un barco de vela, este ano Mar de Mares poncho fácil. E divertido. En colaboración co Real Club Náutico da Coruña, terás a posibilidade de converter un bautismo de vela nunha trepidante experiencia; unha regata pola baía da Coruña. Na actividade poderá participar calquera persoa maior de 8 anos que saiba nadar, sen necesidade de experiencia previa en navegación. Podes vir en familia, con amigos ou só. O bautismo comeza cunha primeira toma de contacto co barco, onde un patrón nos iniciará nas nocións básicas da navegación a vela a bordo dun 550 con capacidade para 5 tripulantes para despois competir na regata que se desenvolverá na baía coruñesa. Cada participante recibirá un diploma acreditativo do bautismo e a tripulación gañadora terá premio. Vento en popa a toda vela, e que gañe o mellor!

E se dispós de barco propio e che apetece participar na regata, non tes máis que sumarte para apoiar este deporte e celebrar e defender os mares co Festival e co RCNC. Envíanos un correo electrónico a info@festivalmardemares.org confirmando a túa asistencia.

*A realización desta actividade está suxeita a condicións meteorolóxicas e a acadar o mínimo de persoas inscritas (15). En caso de cancelación devolverase o importe íntegro e notificarase con suficiente antelación.

+ info

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión