Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena 2020: Catro - NOVA DATA!

"Catro" é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia, dentro da triloxía dedicada ás formas, que comezou con "Redondo"

A quen vai dirixido?:

De 6 meses a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 12/09/2020 ata o 13/09/2020

Xa rematou

Horario:

* sábado ás 18.00 h

* domingo ás 11.30 e 13.00 h

Duración:

30 minutos

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 euros

Menores de 3 anos: 2,00 euros

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 euros.

* Capacidade moi reducida

* Todas as persoas que accedan ao espazo en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, cos sons, coas texturas, co movemento...

Catro lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito...

"Catro" é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia coa danza como linguaxe, como canle de coñecemento.

Autoría e dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Intérprete: Laura Sarasola

"CATRO" ESTREARASE EN BEBESCENA

Venda de billetes

* Despacho de billetes do Ágora: aberto só os días de función, desde unha hora antes.

* Venda por unidade familiar. Mínimo 2 persoas máximo 4.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión