Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena 2020: ... Y las ideas vuelan

Animal Religión & Mercat de les flors (Cataluña)

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

09/02/2020

Xa rematou

Horario:

11:30 e 13:00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6.00 euros

Menores de 3 anos: 2.00 euros

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15.00 euros

* Capacidade reducida

* Todas as persoas que accedan ao espazo en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

* Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá acceder á sala.

Un espazo circular e baileiro. Un corpo, un micrófono, seis altofalantes e vintecatro luces protagonizan este espectáculo de circo contemporáneo. Co xesto, o son, a mirada ou o tacto, invítase o público a participar nesta viaxe chea de acrobacia, humor, xogo, luz e música.

Un espectáculo fresco onde poucos obxectos teñen moito peso e pequenas accións medran ata se converteren en escenas intensas, divertidas e cheas de complicidade para se elevar co público.

Animal Religion traballa para innovar o circo e buscar novos medios de expresión. Dende o inicio das súas creacións comparte un espazo onde a luz, o corpo e o son ou a música emerxen creando unha identidade propia.

Autoría: Animal Religion (Quin Giron, Joana Serra e Joan Cot Ros).

Venda de billetes

* Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, agás festivos, de 9:30 a 13:00h e de 16:30 a 13:30 h e de 16:30 a 19:30 h

* Despacho de billetes do Ágora: Aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedasen entradas dispoñibles)

* Web: www.eventbrite.es servizo permanente 24 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión