Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena 2022: UNIVERS de Engruna Teatre

Proposta sensorial, baseada na poesía visual e a música en directo.

A quen vai dirixido?:

Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 2 anos.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

12/06/2022

Xa rematou

Duración:

45 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Individuos, corpos, obxectos, que se desordenan, móvense, atópanse, volven ordenar. Que atopan o equilibrio e a harmonía dentro da inmensidade. Que buscan como existir no medio do caos, nun lugar concreto e un instante preciso. Cada habitante deste cosmos, cada son, cada movemento, está suxeito a unha fráxil relación con todo o resto.

A maxia de UNIVERS consiste na procura dese equilibrio, "desembocando" así nunha forma final inspirada na arte cinética, onde o movemento (tanto interno coma externo) convértese na característica principal da proposta.

Anímovos a descubrir o UNIVERSO de Engruna Teatre! Unha vivencia única e irrepetibel que se constue de novo cada vez e convertese unha viaxe evocadora e inmersiva.

https://vimeo.com/651696061

Intérpretes: Anna Farriol, Íria Corominas e Jordi Sala.

Idea orixinal: Anna Farriol, Mireia Fernández, Txell Felip y júlia Santacana.

Dirección: Mireia Fernández.

Creación do espazo sonoro, técnico e músico en escena: Jordi Sala.

Espazo escénico: Clàudia Vilà

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión