Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena 2022

As persoas que tiveron a sorte de asistiren a unha función de teatro para bebés adoitan mostrar interese por repetiren a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 06/02/2022 ata o 20/11/2022

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e o público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde as nenas e os nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira de seus pais. O segundo requisito é a duración, que oscila entre 30 e 40 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé pode fixarse.

As propostas que presentamos este ano son moi variadas, con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para la Infancia y la juventud).

  • NATANAM de Da.Te Danza

Domingo 06/02/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Danza contemporánea, sen palabras.

Duración: 35 min. + 15 min. de coloquio

Público: Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3-5 anos.

  • PINXIT de Baychimo Teatro

Domingo 20/02/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Espectáculo visual e sonoro, sen palabras.

Duración: 35 min

Público: Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3 anos.

  • LA LUNA EN EL JARDÍN de Silfo Teatro

Domingo 13/03/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Teatro, coma un gran xogo interactivo

Duración: 35 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 1 a 5 anos.

PREMIO FETEN 2019 COMO MEJOR ESPECTÁCULO PARA LA PRIMERA INFANCIA

PREMIO AZAHAR COMO MEJOR ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO INFANTIL

  • A TROMPA NON SÓ É COUSA DE ELEFANTES...concerto para bebés de Catro Cores Cuarteto

Domingo 03/04/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Espectáculo musical e teatral.

Duración: 30 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 1 a 4 anos.

  • BOLA de L´Horta Teatre

Domingo 22/05/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Teatro con obxectos, en castelán.

Duración: 35 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3 anos.

  • AO AGUA PATO! de Compañía Barataria

Domingo 25/09/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Técnica: teatro xestual

Duración: 40 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3 anos.

  • MIMESIS de Zig Zag Danza

Domingo 09/10/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Danza contemporánea, con música en directo.

Duración: 35 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3 anos.

  • BOB MARLEY PARA BEBÉS de La Petita Malugaluma

Domingo 06/11/2022 ás 11:00, 12:00 e 13:00 h

Espectáculo que xira entorno á voz, á música e o movemento

Duración: 35 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 6 meses.

  • BABY-LONIA de Petit Teatro

Domingo 20/11/2022 ás 11:30 e 13:00 h

Espectáculo que conxuga a música, a danza e os monicreques

Duración: 40 min.

Público: Familiar con bebés, a partir de 9 meses a 3 anos.

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión